AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 41 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Bolsa de traballo - peón

PHP-NukeBases específicas para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos como peón

ANUNCIO


Pola Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria de data trinta e un de agosto de dous mil dez, acordouse aprobar as seguintes:

“BASES ESPECÍFICAS PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS COMO PEÓN

1.–OBXECTO DA CONVOCATORIA.

O obxecto da convocatoria é a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos nos postos de traballo de peón do Concello.

2.–DURACION DOS CONTRATOS.

Segundo se estableza en cada contrato de conformidade coas necesidades do concello ou de conformidade coa regulación das subvencions que o poidan financiar.

3.–SISTEMA DE PROVISIÓN.

Concurso-oposición.

4.–XORNADA LABORAL.

37 horas e 30 minutos semanais de luns a domingo cos descansos establecidos por lei de ser o contrato a xornada completa, ou a parte proporcional que se estableza en cada caso.

5.–RETRIBUCIÓNS.

As correspondentes segundo convenio “peóns, limpadoras (...) e outros non titulados”.

6.–REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

Os aspirantes para participar nas probas, deberán reuni-los seguintes requisitos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser de nacionalidade española, nacional dun Estado membro da Unión Europea, cónxuxe dun español ou dun nacional dun Estado membro da Unión Europea non separado de dereito, ou estranxeiro con residencial legal en España.

b) Ter cumpridos 16 anos de idade.

c) Atoparse en posesión do certificado de escolariade.

d) Estar en posesión de permiso de conducción clase B.

e) Non ter enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida ou sexa incompatible co normal desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opta. As persoas con algunha discapacidade deberán facelo constar na súa solicitude, sinalando se precisan de adaptación das probas.

A condición de minusválido e a súa compatibilidade acreditaranse con certificación da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais.

f) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

g) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio á Administración do Estado, Comunidade Autónoma ou ás entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Os nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea ou dos daquelas que teñan subscritos Tratados referentes á libre circulación coa Unión Europea ratificados por España, deberán acreditar de modo fidedigno non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan no seu Estado o acceso á función pública.

Os anteriores requisitos, así como os específicos que se esixan, se é o caso, para cada unha das prazas, deberanse reunir con referencia ó último día do prazo de presentación de solicitudes, e gozar deles ata a toma de posesión, e será nulo o nomeamento dos aspirantes que estean incursos en causas de incapacidade segundo a normativa vixente.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse polo menos ata a data de formalización do contrato.

7.–PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

Presentaranse no Rexistro Xeral de entrada de documentos do Concello durante o prazo de 20 días hábiles, contados desde o seguinte da publicación de anuncio da convocatoria no BOP e no taboleiro de anuncios, e na páxina web do Concello de Cedeira.

As solicitudes presentaranse en modelo de instancia que se facilitará nas oficinas municipais e irán acompañadas de fotocopia do D.N.I., de fotocopia do carné de conducir, e de copia compulsada dos méritos que se aleguen.

8.–COMISIÓN SELECCIONADORA.

A Comisión seleccionadora estará composta por un presidente, un secretario e tres vocais nomeados por resolución de Alcaldía de conformidade con artigo 60 da Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público.

9.–CRITERIOS DE SELECCIÓN.

A) FASE DE CONCURSO:

a) Experiencia profesional en traballos realizados de peón no sector privado: 0,10 puntos por mes, cun máximo por este concepto de 1 puntos.

b) Experiencia profesional en postos de traballo de peón en administracións públicas: 0,20 puntos por mes, cun máximo por este concepto de 2 puntos.

Cando o contrato sexa a media xornada ou superior contabilizarase como si fose xornada completa. Se o contrato fose inferior a media xornada non se valorará.

c) Formación en materia de prevención de riscos laborais impartidos por entidades ou empresas homologadas pola Consellería de Traballo: 0,02 puntos por hora de curso ata un máximo de 1 punto.

d) Estar en posesión do carnet de conducir C1: 1 punto.

Os méritos alegados acreditaránse mediante documentos orixinais ou copias auténticadas. Debe aportarse certificado de vida laboral acompañada de copias auténticas dos contratos de traballos que inclúan a descripción do traballo realizado

B) FASE DE OPOSICIÓN:

A fase de oposición consistirá na realización dun único exercicio que constará de dúas partes:

1.ª parte.–Examen tipo test de 20 preguntas con tres posibles respostas das que unha soa será verdadeira relacionadas cos temas do anexo. Será calificada cunha puntuación de 0 a 10 puntos sendo necesaria para superala unha puntuación mínima de 5 puntos.

2.ª parte.–De carácter práctico. Consistirá nun exercicio práctico de duración determinada, no que os/as aspirantes deberán demostrar as súas habilidades profesionais na realización da proba estipulada ao seu efecto polo Tribunal seleccionador, relacionada coas funcións e tarefas propias do posto. Será cualificado de 0 a 10 puntos, e será preciso alcanzar un mínimo de 5 puntos para superalo.

En caso de empate entre dous ou mais aspirantes, terá preferencia quen obteña maior puntuación na fase de oposición. En caso de que persista o empate, terá preferencia quen obteña maior puntuación na 2.ª parte do exercicio da fase de oposición. En caso de que persista o empate, realizarase sorteo.

10.–FORMACIÓN DE BOLSA DE TRABALLO.

Cos aspirantes aprobados formarase unha bolsa de traballo segundo o orde de puntuación obtida para nomeamentos interinos ou contratacións laborais temporais en postos de traballo de contido equivalente de acordo coas seguintes normas:

10.1.–Os chamamentos aos aspirantes.

Os chamamentos faranse polo medio máis urxente que permita ter a constancia da súa recepción.

Nos supostos nos que a necesidade de cobertura dun posto non fose previsible coa antelación suficiente ou polas circunstancias concorrentes no proceso de chamamentos debidamente acreditadas, fose necesario a súa cobertura de xeito urxente para evitar graves prexuízos no funcionamento e/ou prestación do servizo público, o chamamento poderá realizarse telefonicamente. Neste suposto, a/o funcionaria/o que as realice fará constar mediante dilixencia a súa realización, e se tiveron ou non resposta.

Antes da sinatura do contrato o Concello poderá acordar que o traballador se someta a un recoñecemento médico-psicolóxico que evalue a sua adecuación ao posto a desempeñar. No caso de que o traballador resulte non apto non perderá o seu lugar na bolsa de traballo e volverá a ser chamado cando se oferte un posto de distintas características do que foi considerado non apto.

10.2.–Suspensión dos chamamentos.

1. De oficio.

A aceptación dun chamamento suporá a suspensión dos chamamentos ata que cese o primeiro nomeamento.

2. Por solicitude do/a interesado/a.

Os integrantes da bolsa de traballo que non se atopen prestando servizos poderán solicitar a suspensión das citacións mediante solicitude para o efecto formulada.

A dita solicitude, que será irrenunciable, terá efectos suspensivos nas citacións. Os seus efectos produciranse desde o décimo día natural seguinte contado desde a presentación da solicitude de suspensión no rexistro do órgano competente. O tempo de duración desta, a elección da/o interesada/o, será de dous, seis ou doce meses computados desde a data de efectos da suspensión.

10.3.–Mellora.

No caso de que algún integrante da bolsa de traballo estivera contratado ou nomeado como funcionario e fora a realizarse un novo chamamento que obxectivamente poda considerarse como de mais longa duración ou de maior xornada poderá solicitar ser contratado ou nomeado con preferencia aos seguintes na lista. O órgano competente o acordará sempre que non supoña menoscabo para o servizo.

10.4.–Situación na bolsa de traballo.

1. Os integrantes da bolsa de traballo non perderán a orde de prelación que en cada momento lles corresponda, de tal maneira que se o nomeamento para a que son chamados finaliza, retornarán ao posto que novamente lles corresponda na lista.

2. Os integrantes da bolsa de traballo que, sendo convocados para facer efectiva a contratación ou nomeamento segundo o disposto na base novena, non se presentaran ou renunciaran a esta, perderán os seus dereitos quedando excluídos da lista por un ano, debendo solicitar de novo a súa inscrición unha vez transcorrido o dito prazo.

A mesma consecuencia terá a renuncia á continuidade no desempeño dun posto de traballo.

10.5.–Nomeamentos e cesamentos.

Poderán conferirse nomeamentos interinos ou contratacións laborais temporais para o desempeño de postos de traballo que encóntrense vacantes ou non vacantes. Neste último caso será causa suficiente a situación de ILT ou vacacións do seu titular.

Previo ao nomeamento deberá solicitarse informe de existencia de crédito á Intervención Municipal.

Unha vez comparecera o aspirante chamado segundo o orde da bolsa de traballo, o Sr. alcalde por resolución procederá ao seu nomeamento para o desempeño do posto de traballo correspondente.

O cese produciráse por resolución da Alcaldía cando aconteza a causa de extinción do contrato de traballo ou cando se produzan algún dos supostos previsto no artigo 10.3 da Lei 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Público.

10.6.–Extinción da bolsa de traballo.

A bolsa de traballo formada como consecuencia do proceso selectivo que regulan estas bases extinguirase unha vez transcorridos dous anos a contar desde a data da publicación no BOP da resolución da Alcaldía que a aprobe, ou cando se produza un novo proceso selectivo, temporal ou definitivo. Sin prexuízo de que poda prorrogarse mentres se realiza unha nova selección.

11.–PUBLICIDADE.

A publicidade de tódolos actos relativos a este procedemento farase mediante edictos que se expoñerán no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello.

12.–RÉXIME XURÍDICO APLICABLE.

En todo o non previsto expresamente nas presentes bases, serán de aplicación as bases xerais para a contratación de persoal laboral temporal do Concello de Cedeira, aprobadas na sesión plenaria do día 17 de abril de 1997, e publicadas no Boletín Oficial da Provincia número 110, de 15 de maio de 1997, o Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público, o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aprobou o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración do Estado, e o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos do procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local, a Lei 30/1992, de 26 de xuño, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

ANEXO I

Tema 1.–A Constitución Española de 1978. Principios xerais. A organización territorial do Estado Español na Constitución Española de 1978. O Réxime Local Español. O alcalde; competencias e funcións. O Pleno da Corporación Local. Tenentes de alcalde e concelleiros: competencias e funcións.

Tema 2.–Traballos de albañilería.

Tema 3.–Traballos de pintura.

Tema 4.–Traballos de electricidade.

Tema 5.–Técnicas, utensilios e maquinaria.

Tema 6.–Prevención de riscos laborais. Principios básicos de seguridade e riscos máis habituais dos peóns.

Tema 7.–Coñecemento do municipio de Cedeira.”

Cedeira, 2 de setembro de 2010.

O ALCALDE

Asdo.–José Luís Vergara Rey

Link: BOPONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Bolsa de traballo - peón" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.31 Segundos