NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 64 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 INTRODUCCIÓN AO PLENO EXTRAORDINARIO DO CONCELLO DE CEDEIRA

PHP-NukeOs pobos precisan de vías de comunicación para o seu desenvolvemento, para exportar e importar productos ou para o desprazamento das persoas. Cedeira conta fundamentalmente cunha estrada que a relaciona co exterior, a AC-566, de carácter autonómico. Atrais deixamos, para o noso mal, o labor de cabotaxe do porto, de onde saían os puntaleiros no pasado. Polo tanto, polo surleste hacia Ferrol e polo noroeste hacia Cerdido e Ortigueira, a AC-566 comunícanos co mundo.
É hacia Ferrol e Narón onde se producen o maior número de movementos, hacia os hospitais, hacia os nús de comunicacíon, hacia a universidade ou aos departamentos administrativos e establecementos comerciais. A vocación turística do noso Concello satisfaise tamén a través desta vía, que pode arroxar circulacións que superan os 4.000 vehículos diarios ata Valdoviño e máis de 15.000, desde Valldoviño a Narón.
O seu trazado, na meirande parte, é o orixinal e somentes podemos salientar melloras de certa importancia en obras realizadas fai máis de 20 anos cando se lle dá un avance certo, para a súa época, no que respecta ao melloramento de certas curvas e construcción dalgunha ponte durante o goberno do Presidente González Laxe.
O 31 de autubro do 2007  a Conselleira María José Caride comprométese co Alcalde de Cedeira a dar pasos definitivos no ano 2008 no que respecta  as comunicacións de Cedeira, especialmente á AC-566. O 3 de decembro do 2007 esta mesma Concelleira reúnese con todos os alcaldes do Ortegal e da Mariña lucense para informar da Vía de Alta Capacidade entre Ribadeo e Ferrol comprometéndose a tela remata no horizonte do 2011, data que lle pareceu demasiado alonxada a determinados alcaldes aos que hoxe lles parece ben a data do 2017. O 23 de xaneiro do 2008 o Presidente Pérez Touriño visita Cedeira, inaugurando a ampliación do IES Punta Candieira, e confirma os compromisos adquiridos pola Conselleira Caride.
No ano 2008 e 2009 abórdase un proxecto de mantemento e seguridade vial que tiñan carácter transitorio, toda vez que se estaba a elaborar o proxecto definitivo que supuxera a superación das deficiencias máis importantes desta vía. Afectou a beirarrúas, proteccións laterais adaptadas para as motocicletas ou  mellora do firme, por exemplo nas travesías de Cedeira ou instalación de semáforos na Avda. de Castelao. Igualmente procédese ao pintado e recuperación para o uso viario de curvas abandonadas polos novos trazados, como é o caso na Maravilla que resolve a incorporación á esquerda ou a curva do fundal de Virizo.
No ano 2008 realízase o Informe sobre ACTUACIÓNS DE MELLORA DE CAPACIDADE E SEGURIDADE ENTRE FERROL E CEDEIRA que definía 4 tramos dos cales o Goberno presidido por Pérez Touriño realizou os proxectos entre Narón e Valdoviño e entre Valdoviño e Cedeira. Nos presupostos do 2010 o goberno do Presidente Núñez Feijóo incorpora a execución do tramo entre Narón e Valdoviño quedando os outros tres no limbo dos xustos , a pesar da reclamación deste Pleno instando á Xunta a que incorporase o tramo entre Valdoviño e Cedeira, dado que é o máis perigoso como tráxicamente o tempo se encargaría de confirmar.
Así as cousas, a principios deste ano, o alcalde entrevístase co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández ao que se lle reiteran as eternas reivindicacións do pobo cedeirés, entre as que se atopa o acordo plenario de novembro do 2009 sobre a necesidade de dar pasos na mellora da Estrada entre Narón e Cedeira sen que ata o momento se lle dese contestación algunha.
Desde o Goberno Local confiabamos no necesario respecto entre as institucións e na altura de miras dos nosos gobernantes. Levamos ano e medio utilizando a paciencia e a argumentación como únicos mecanismos para convencer á Xunta presidida por Núñez Feijóo, de que a carretera entre Narón e Cedeira é sumamente perigosa e que necesita da súa inmediata mellora. Mais a suma de accidentes co peor dos resultados, acumulados neste ano, amósanos a máis cruel das realidades e esixen dos representantes de Cedeira que deamos novos pasos e fagamos oir o noso clamor diante dos Conselleiros de Santiago. Os dezaoito meses da gobernación da actual Xunta de Galicia non están considerando que existan cidadáns máis alá de Valdoviño e do Campo do Hospital. Ante esta situación, consideramos que o tempo das cortesías está rematado, xa que os nosos argumentos carecen de valor en Santiago.
Pedimos a toda a Corporación de Cedeira a unidade en torno á reivindicación de mellora na AC-566, incluíndo a execución do tramo entre Valdoviño e Cedeira e a inmediata contratación dos estudios correspondentes ás variantes de Valdoviño e Cedeira e emprendamos as accións movilizadoras precisas para conseguir que os gobernantes da Xunta de Galicia inclúan a Cedeira nas súas decisións.
JOSÉ LUIS VERGARA REY
Alcalde

En Cedeira, a 31 de agosto de 2010

Link; Envíos



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"INTRODUCCIÓN AO PLENO EXTRAORDINARIO DO CONCELLO DE CEDEIRA" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos