NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 23 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Terra Galega (TEGA) fai augas na comarca

PHP-NukeTerra Galega (TEGA) fai augas na comarca de Ferrol. Iso polo menos transmiten os membros da formación en Valdoviño que, logo de manter unha reunión de varias horas na xornada do pasado luns, recoñecen abertamente que a súa desvinculación do partido só é unha cuestión de tempo. Esa marxe de confianza é o que agora están dispostos a dar a alcaldesa, Isabel Álvarez, e o edil de Urbanismo, Gonzalo Doce, ao alcalde de Narón, Xosé Manuel Branco, para que se sitúe á fronte dunha formación que "a día de hoxe está morta" e na que "fálase de todo, menos de política".
Esta postura, polo tanto, deixa en mala situación ao actual secretario xeral de TEGA, Xermán Tobío, unha persoa á que os membros do partido en Valdoviño non recoñecen como líder "porque nunhas eleccións como produto non vale".

Este sentimento vai aínda máis aló cando os afiliados de Valdoviño culpan directamente a Tobío da situación actual que atravesa o partido no ámbito comarcal. Del din que "está descafeinando unha formación que naceu coa esperanza de converterse na cuarta vía que necesita Galicia" e ao que piden que abandone o cargo para "poder seguir apostando polo proxecto". Este truncouse, segundo algúns apuntan, a partir do proceso que acabou co abandono de Xoán Gato como líder indiscutible dun partido que chegaba ao panorama político coa intención de ofrecer ao electorado alternativas diferentes e comprometidas coa defensa dos intereses xerais de Galicia.
Agora, a menos dun ano das eleccións municipais, existe tanto desencanto entre as filas de TEGA que se pon en dúbida a presentación de 200 listas de face aos citados comicios, tal e como vén anunciando desde a dirección comarcal do partido.
No entanto, o seu máximo representante, Xermán Tobío, reitera tal posibilidade e desmente categoricamente calquera tipo de escisión dentro dunha agrupación de Valdoviño, á que a día de hoxe, están vinculadas un total de 15 persoas.
Segundo o secretario xeral de TEGA, a única baixa que se producirá ten que ver con cuestións persoais, "pero non así por estar en desacordo con Terra Galega", subliñou. Por outra banda, considerou que a única voz que existe con autoridade para falar da situación real que do partido en Valdoviño é a da súa alcaldesa, Isabel Álvarez, e criticou a declaración pública do alcalde de Neda, Ignacio Cabezón, no sentido de anunciar a marcha de Álvarez de TEGA.
Por outra banda, considerou probado que a desvinculación de Cabezón de Terra Galega non obedece a outros intereses que o de corresponder a favores recibidos da formación conservadora.
Neste sentido, cabe recordar que un comentario moi similar era o utilizado para xustificar a marcha do primeiro tenente de alcalde de Valdoviño, Antonio Montero, polo que Xermán Tobío acusaba abertamente aos líderes do PP de "practicar as escuras artes do subornos" para minguar as posibilidades electorais de TEGA.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Terra Galega (TEGA) fai augas na comarca" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.24 Segundos