NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 78 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 O BNG baixará un 5% o soldo, Tega mantén o de Tobío

PHP-NukeFoi a mediados do mes de maio cando a agrupación local do PSOE de Cedeira anunciaba que o alcalde da vila, José Luis Vergara, renunciaba ao soldo que recibe pola súa dedicación exclusiva ao Concello. Nese momento, o grupo aproveitou para propor aos dous socios de goberno -Bloque e Terra Galega- que seguisen os seus mesmos pasos. Para iso, o rexedor convocou á comisión de seguimento do pacto do tripartito para coñecer a opinión do resto de agrupacións locais.

Finalmente, e despois de que tanto Xermán Tobío, secretario xeral e da agrupación local de Terra Galega, e Alfredo del Río, edil do BNG, manifestasen publicamente non estar conformes coa proposta do rexedor, o pleno municipal celebrado a finais de xullo aprobou que o soldo de Del Río reducísese un 5% seguindo os consellos da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Así o explicaba onte o secretario local do Bloque en Cedeira, Andrés Pernas. «É a medida máis razoable».

Explica que a postura adoptada polo alcalde de Cedeira, a de retirarse o soldo el e os seus edís, non é pola situación económica. «O que fan é cambiar de pagador», posto que o alcalde recupera o seu posto como profesor nun centro educativo.

«Eles falan de crise, pero na práctica non van deixar de recibir nin unha peseta, pois cobrarán dos postos de traballo que van recuperar. Pídenlles os demáis que se mollen neste asunto cando eles non o van facer», conclúe.

Conxelados no 2007

Pola súa banda, Xermán Tobío asegura que xa no 2007 a agrupación acordou conxelar os soldos de todos os seus representantes nos concellos da comarca, unha baixada que «está por encima do que se van a baixar agora os demais». Asegura que respecta a decisión dos seus dous socios de partido aínda que recorda que hai tres anos «cando o PSOE dicía que non había crise económica, nós xa tomamos a decisión de conxelar os salarios». Os problemas económicos, di, «non son de agora». Por iso, e ante os movementos feitos tanto polo PSOE como polo BNG, Terra Galega optou por non actuar.

O alcalde de Cedeira solicitou á agrupación local de Terra Galega que lle presente por escrito a súa postura definitiva ante a súa proposta, «algo que non recibimos aínda», asegura o rexedor. Por iso, «desde o PSOE local cremos que aínda podemos convencerlle para que siga os nosos pasos». O rexedor asegura que o seu rexeitamento á dedicación exclusiva manterase, polo menos, ata o final da lexislatura. A partir de aí «haberá que ver como evoluciona a crise económica», confirma Vergara.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"O BNG baixará un 5% o soldo, Tega mantén o de Tobío" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.29 Segundos