AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 65 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Os baróns de Terra Galega na comarca rompen filas

PHP-NukeO minifundio político ameaza con desmembrar a cuarta forza galega. A que liderou o carismático Xoán Gato de camiño ás autonómicas do 2009 e que arrebatou un 1,14% da cota electoral do ano pasado. Chámenlle falta de afecto -como onte sinalaba o primeiro tenente de alcalde de Valdoviño, Antonio Montero, á vez que confirmaba a súa intención de abandonar Terra Galega (Tega)-, desavinzas internas ou loitas de poder. A formación empezou a cambalearse cando pasaron o serrucho ao alicerce ideolóxico do grupo, o mesmo Xoán Gato.

Como adiantou La Voz o pasado 29 de xullo, o ex alcalde de Narón e antigo secretario xeral de Tega leva meses desvinculado dese partido. E a súa marcha, anunciada publicamente -a través dun comunicado- un día despois, só foi a caída da primeira ficha do dominou. Con el, unha serie de baróns da formación na comarca confirmaron ou ameazan con abandonar as filas galeguistas.

Un deles, e o que foi o detonante de que Gato fixese pública a súa ruptura con Tega, foi José Ignacio Cabezón Lorenzo, actual alcalde de Neda. A súa fichaxe polo PP é inminente. Algo que desde o partido galeguista definiron como o resultado dunha serie de «presións» dos populares para que o médico de Neda puidese conservar a súa praza no centro de saúde. Esa é só a punta do iceberg. A parte mergullada son os desencontros entre o grupo de Neda e a dirección nacional de Tega.

Cabezón, ao PP

Antes de fichar por un novo equipo, Cabezón trata de pechar filas no seu municipio cun grupo leal que, aínda que non todos marcharanse con el ao PP, si buscarán a alternativa para servirlle de apoio desde outro partido alleo ao que militan actualmente. E algo similar sucede en Valdoviño. Montero acusa a Tega de ser «un partido mudo» e «carente de proxectos e ideas», ademais de criticar que nos sentimos abandonados» pola dirección, en mans do cedeirense Xermán Tobío.

Detrás de Montero presúmese que emprendan o mesmo camiño Isabel Álvarez, a alcaldesa, e o outro concelleiro do partido en Valdoviño, Gonzalo Doce. Xa que todos eles simpatizan máis coas ideas de Gato que coas dos actuais responsables de Tega.

O impás na situación de Terra Galega foi anterior ás autonómicas de marzo do ano pasado, cando o partido se dividiu en dous nunha batalla por encabezar as listas electorais. Unha das faccións, liderada polo ex conselleiro Pablo Padín e polo cedeirense Tobío; a outra, por Gato e os alcaldes afíns. Foi este último o que optou de candidato, entregou a súa acta de concelleira en Narón e, acabada a romaría, pasou á reserva ata a súa incorporación posterior á Cámara de Comercio.

O coche escoba

Sobre o destino dos edís escindidos de Tega, La Voz puido saber que tiveron contactos cunha nova formación, Converxencia Galega, na que recoller o seu ideario baixo os mesmos parámetros que no seu día deseñou Xoán Gato. Nesa lista poderían incluírse parte dos edís de Neda e os de Valdoviño. Ademais, fontes próximas apuntaron que a representación de Tega na Capela tamén podería optar por tomar o mesmo camiño.

¿Que implica isto? Que o partido galeguista perdería todos os municipios nos que goberna na zona, a excepción do de Narón.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Os baróns de Terra Galega na comarca rompen filas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos