NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 66 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Novas formas de acceder á documentación gráfica do POL

PHP-NukeA Xunta de Galicia pon a disposición pública dúas novas formas de ver a documentación gráfica do Plan de Ordenación do Litoral que se suman desde hoxe aos formatos PDF e Shapefile (SHP) xa existentes a través da web www.xunta.es/litoral. Estes novos modos de consulta son o servizo WMS (Web Map Service, que produce mapas de datos referenciados espacialmente) e os ficheiros descargables en formato KMZ de Google.

Estes dous xeitos de publicación da información permiten un maior abano de posibilidades para que os usuarios poidan consultar comodamente e con todo detalle toda a información do Plan de Ordenación do Litoral que se atopa (desde o 30 de xullo e ata que acabe setembro) na fase de exposición pública.Como xa acontecera na fase anterior do documento, pódese acceder ao servizo WMS a través da web do Sistema de Información Territorial de Galicia (SITGA), http://sitga.xunta.es/sitganet/catalogo/inicio.html. Grazas a este servizo o usuario poderá conectarse ás distintas cartografías do Plan do Litoral mediante un sistema de información xeográfica no que ten a posibilidade de visualizar, activar e desactivar todas as capas que compoñen cada serie cartográfica.A conexión a este servizo pódese facer tanto cun programa de información xeográfica de escritorio (existen numerosos programas deste tipo con licenza libre e gratuítos) ou ben vía web nun visualizador de mapas de infraestruturas de datos espaciais de distintos organismos.No que atinxe aos ficheiros KMZ dispoñibles na páxina web do Plan de Ordenación do Litoral, hai que destacar que permiten a visualización da información en 3D a través de Google Earth, un programa gratuíto que se pode descargar de internet e se instala no equipo. A vantaxe deste recurso é que Google posibilita facer as buscas por nome de lugares e ver ao mesmo tempo imaxes de satélite e os datos das capas do Plan. Para abrilos, o único que hai que facer é descargalos da páxina web –www.xunta.es/litoral-, gardalos no propio equipo e soamente con facer dobre clic sobre a descarga abrirase o programa.
Visitas á web do Plan
Desde que se publicara a aprobación inicial do Plan de ordenación do litoral (o 30 de xullo) púxose a disposición pública o documento de forma íntegra, segundo os criterios de transparencia e participación que están a rexer a tramitación deste Plan, así como a dos demais instrumentos de ordenación, como é o caso das Directrices de ordenación do territorio. Desde entón e ata o día de onte (17 de agosto), contabilizáronse un total de 2.671 sesións na web do Plan de Ordenación do Litoral, sendo o primeiro día de agosto, cando se rexistrou un maior número, 214, e o pasado sábado, 14 de agosto, o día de que menos (100).Neste intervalo temporal rexistrouse unha media de 141 sesións diarias e arredor de 20.500 páxinas vistas ao día (dun total de 390.612 páxinas nos dezanove días analizados). Os visitantes da páxina web empregaron de media 12 minutos en cada sesión realizada.
Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Novas formas de acceder á documentación gráfica do POL" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.31 Segundos