NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 55 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Renovar a concesión da antiga lonxa

PHP-NukeO Concello de Cedeira gozou durante os últimos quince anos da concesión administrativa da antiga lonxa da vila. A actual corporación, segundo explica o edil de Deportes, Xermán Tobío, investiu desde o 2008 ao redor de 36.000 euros en reformar o interior do inmoble, «pois nolo entregaron en moi mal estado».


© 2010 - La Voz de Galicia

Con este diñeiro, o Concello cambiou portas e fiestras, habilitou unha sala na que impartir as clases teóricas dos cursos náuticos, instalou vestiarios adaptados a persoas con discapacidade e renovou a instalación eléctrica, segundo o concelleiro. Todo para poder utilizar a antiga lonxa como sede de actividades deportivas ademais de servir como almacén para o material.


Con todo, a concesión administrativa pola que o Concello goza deste inmoble acaba de terminar o pasado mes de xullo. O goberno local, explica Tobío, iniciou hai meses os trámites para que se renovase ou ampliase o trámite, «pero aínda non temos resposta por parte de Portos de Galicia. Intentamos varias veces falar con eles pero non nos resolven nada. Tampouco recibimos a notificación de que teñamos que deixar de facer uso da instalación».

é por iso polo que na antiga lonxa da vila mariñeira continúan as actividades náuticas que xeran, sobre todo, o club de remo, o de mergullo e a área municipal de vela. En total, segundo datos achegados polo Concello, máis de 500 veciños gozan destas instalacións cedidas polo organismo autonómico.

Obras no exterior

Aínda que o Concello xa interveu no interior, Tobío apunta que serían necesarios outros 30.000 euros para acondicionar o exterior do inmoble, unha actuación para a que «agradeceriamos a colaboración da Xunta». Tobío asegura que confía en que Portos «quererá seguir apostando polo deporte e renovará a concesión».

Aínda así, «non descartamos pór en marcha medidas de presión, pois non podemos renunciar a estas instalacións». Pola súa banda, fontes da Consellería do Mar, á que pertence Portos de Galicia, aseguran que se está estudando a prórroga».

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Renovar a concesión da antiga lonxa" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.23 Segundos