AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 73 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - Grupo Socialista

PHP-NukeMOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO SOCIALISTA AO PLENO ORDINARIO DO CONCELLO DO 27

Con efectos de 15 de abril de 2010 fírmase  o CONVENIO DE COOPERACIÓN entre a Conselleriía de Medio Rural e o Concello de Cedeira para a realización de obras de infraestructura rural coa finalidade de resolver algunhas das deficiencias dotacionais no seo do PROGRAMA ESTRATÉXICO DE INFRAESTRUCTURAS NO MEDIO RURAL  (PEIM Rural) correspondente ao ano 2009.
As obras conveniadas son:
1.                 Camiño Fernando Lago.
2.                 Camiño en Cordobelas a Campo da Cruz.
3.                 Camiños en Santallamar.
4.                 Camiño en Vilela.
5.                 Camiño en Figueiras a Montoxo.
Constátase a tardanza na firma do Convenio toda vez que debera executarse no ano 2009.
De palabra o Conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, Samuel Jesús Juárez Casado, en Betanzos, lugar elixido polo susodito Conselleiro para a firma diante dos medios de comunicación, responde, a preguntas dos alcaldes alí prersentes, que as datas de execución situaríanse na primavera  ou verán do 2010.
O martes, 27 de xullo de 2010, en conversa mantida coa Consellería de Medio Rural, infórmaselle ao Alcalde de que están a xurdir problemas no proceso de contratación con motivo de deficiencias na documentación aportada polas empresas licitantes. Elo conduciría a un novo retraso que pode levarnos ata o outono, a cal suporía un ano de retraso a respecto dos períodos normais de execución do PEIM Rural.
Non existe absolutamente ningunha información referente ao Programa correspondente ao ano 2010, nin aos tempos nin ás cantidades que lle correpondem a Cedeira.
Se comparamos os comportamentos dunhas e outras administracións autonómicas recordamos que no ano 2007 e 2008, os convenios firmáronse e executáronse na anualidade correspondente. Insistimos que no presente convenio firmado entre Cedeira e a administración da Xunta do Partido Popular levamos máis dun ano de retraso.
Igualmente, se comparamos as cantidades duns e outros a situación amosa un pésimo comportamento do poder do PP con Cedeira:
Ano 2007
153.999,99 euros
Ano 2008
198.929,52 euros
Ano 2009
89.764,36 euros
Sendo normal en todo cambio de administración un certo período de axuste, cuestión que non aconteceu en Cedeira no cambio administrativo do goberno local do 2007, a actual Xunta de Galicia, e concretamente a Consellería de Medio Rural, non pode escudarse nesta circunstancia, toda vez que levan esgotado xa máis do 25% do seu mandato.
Por todo isto o Grupo Socialista solicita da Corporación o apoio de todos os Concelleiros e Concelleiras para demandarlle á Consellería de Medio Rural dilixencia na contratación das obras correspondentes a Cedeira inscritas no PEIM Rural do 2009 así como a convocatoria correspondente ao ano 2010 respectándose os finanzamentos que a anterior administración viña outorgando a Cedeira.
En Cedeira, a 27 de xullo do 2010
FDO: MANUEL PÉREZ RIOLA
PORTAVOZ DO GRUPO SOCIALISTA

A moción foi aprobada cos votos dos grupos que apian ao Goberno e con dous votos do Partido Popular.



Link: G.S. de Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - Grupo Socialista" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos