O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, estampou onte a súa firma en
dous documentos que lle reportan á administración local unha axuda
provincial de case 200.000 euros.
© 2010 - Diario de Ferrol
A cantidade considérase suficiente, segundo fontes municipais, para
construír tres novas pistas deportivas e para a adquisición dun tractor
que tanto pode intervir na limpeza de leiras ou viarias como na que se
acomete periodicamente na praia da Magdalena durante os meses de verán.
En canto ás instalacións deportivas, as intencións dos responsables
municipais de Cedeira pasan por habilitar unha pista de pádel, outra de
tenis e un campo de fútbol sala en leiras de propiedade municipal
situadas nas inmediacións das instalacións de fútbol.
Á execución das obras destínanse 80.400 euros, mentres que para a
transacción da maquinaria uns 110.000 euros. As pistas realizaranse en
formigón e con peche perimetral, coas súas correspondentes marcaxes e
sinalización, así como o seu equipamento deportivo.
O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda,
rubricou o acordo co Concello de Cedeira dando o visto e prace aos
convenios que previamente foran sancionados polo rexedor municipal.
O acto tivo lugar onte martes na sede da Deputación provincial.
Link: DFONLine