AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 34 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - ALCALDÍA

PHP-NukeFai uns días o Partido Popular sacou un ha nota de prensa na que acusaba ao Goberno Municipal de Cedeira de, por unha banda, adxudicarse intervencións alleas e, por outra, de excesivos consumos telefónicos de carácter persoal. Fan con elo unha mezcla de "ataque de celos" e de "calumnia que algo queda" coa pretensión de mancillar o traballo honesto e riguroso. Por responsabilidade democrática, debemos sair ao encontro destas declaracións, a pesar da baixa catadura que amosan.

A primeira das cuestión s fai referencia á intervención levada a cabo pola Demarcación de Costas de Galicia, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino durante o presente mandato no Sarridal, na Magdalena e no Condomiñas.

No Sarridal supoñemos que se referirán ás escaleiras de acceso ás Sonreiras, o mobiliario alí instalado de bancos e papeleiras , a sinalétid explicativa de tan fermoso paraxe, á construcción de novas proteccións nas Baterías ou á eliminación de maleza, amén da xestión para a compra de parcelas. Lamentamos informar aos Conservadores que as obras van continuar coa rehabilitación da cetárea que incorporaremos ao proxecto de reserva mariña impulsada pola Cofraría de Pescadores.

Na Magdalena pensamos que se refiren aos accesos de madeira para persoas con dificultades motrices, á reparación do paseo marítimo, no referente ao firme, bancos e papeleiras, arborado, ao trasvase de áridos en cada un dos veráns deste mandato co consenso das mariscadoras ás que se lles pagaron os xornais polo traslado do berberechd cando foi necesario. Cicais tamén inclúan a renovación das farolas porque non saben, ¿qué van saber", que elo foi resultado de xestións con outros negociados.

Por último cremos que o que máis lIes doi ten que ver co Paséo Fluvial, coa recuperación para o pobo das beiras do río Condomiñas. Unha intervención que tivo que contar coa cesión dos terreos por parte dos seus propietarios, cu-estión que agradecemos unha vez máis, polo que ten de exemplificante para todos nós e que amosa un comportamento cívico que pensamos forma parte da maioría da nosa veciñanza. De igual maneira lamentamos informar á oposición de que xa está contratada a asistencia técnica para elaborar o proxecto que suporá a remodelación profunda das beiras que van desde a Ponte Vella ata o principio do Paseo Fluvial. Sabemos do seu disgusto porque, igualmente temos pensado seguir me llorando río arriba, para o cal impulsaremos un ha serie de medidas que faciliten o traslado dalgunhas naves ao Parque Empresarial da Trabe.

Finalmente, a respecto da utilización persoal dos teléfonos do Concello empezo dícindo que a este Alcalde ninguén lIe poderá demostrar ningunha chamada a familiares en Sudamérica nin noutra parte do extranxeiro. Gustaríame saber se o meu predescesor pode dicir o mesmo. Os servicios de
intervención informanme que o último ano con todas as contas aprobadas é o 2008 e nese ano os custes telefónicos totais rondaron os 20.000 euros. a terceira parte do que dí a oposición, pero para máis información os custos do meu teléfono móbil é Cle sobremesa ten unha media de 66,15 euros ao
mes no último trismestre. Di o refrán que "pensa o ladrón que todos son da súa condición". Nese e noutros moitos aspectos trabaron en óso con este Alcalde que leva sempre no peto o seu móbil privado, que utiliza o seu propio utilitario para as viaxes oficiais polos que cobra 19 céntimos de euro por cada quilómetro ou que carece da miseria de pasarlle o gasto dun café ao Concello. O portavoz do grupo popular calificou no Pleno da Corporación de "pecado venial" a utilización do seu vehículo oficial para os seus asuntos particulares. Mais para este humilde socialista isto é corrupción pura e dura.

Estamos dispostos a aprender, a recibir lección s de quen as pode dar, pero esta non é, nin de lonxe a situación dos nosos opositores do PP.

En Cedeira, a 14 de xullo de 2008
JOSÉ LUIS VERGARA REY



Link: Concello de Cedeira - Alcaldía



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - ALCALDÍA" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.30 Segundos