|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 55 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - Deputación da Coruña |
A Deputación da Coruña comprometeuse a investir case dous millóns de
euros en mellorar a seguridade viaria en tres importantes estradas do
termo municipal. Trátase das calzadas que conducen ao santuario de San
Andrés e á capela de San Antonio de Corbeiro, así como a que discorre
polo lugar das Pontigas. Esta última, cun orzamento dun millón de euros,
ademais de ser a de máis elevado custo, tamén é a máis complexa en
canto á súa realización. A obra dará lugar ao reaxuste en determinados
tramos dunha vía que ten entre as súas características a dificultade do
trazado nalgunhas da súa curvas. Neste caso, a Deputación tanto asume o
custo da intervención como o financiamento dos gastos que poidan
derivarse da expropiación do chan necesario para realizar as reformas
previstas. Este compromiso tamén se asumiu con respecto á estrada que
conduce ao santuario de San Andrés.
A construción dunha senda peonil desde a denominada "costa vella" ata o
templo que dá acubillo ás reliquias do santo dará seguridade a aquelas
persoas que optan por facer devandito traxecto a pié. O orzamento da
obra rolda o medio millón de euros, unha cantidade que achegará a
Deputación e que se estima suficiente tanto para a actuación como para
as expropiacións. A terceira intervención terá como referencia a vía
que leva ao visitante ata o santuario de San Antonio de Corbeiro, unha
primitiva ermida situada nunha das paredes laterais que conforman a ría
de Cedeira. Este proxecto tamén implica un desembolso de 500.000 euros,
aínda que neste caso, a diferenza do que sucedía no anterior, a
administración provincial só asumiu o compromiso de facerse cargo da
obra, non así dos gastos derivados das expropiacións. Esta situación,
polo tanto, obriga ao Concello de Cedeira a chegar a acordos de cesión
cos propietarios do chan afectados polos traballos. Por iso, o goberno
de José Luís Vergara promove para os días 29 e 30 de xullo e 2 de agosto
reunións puntuais con aquelas persoas titulares das leiras en cuestión.
O rexedor municipal confían en poder garantir o investimento provincial
chegando a acordos cos propietarios de modo que máis pronto que tarde
se poida levar a cabo a obra que mellorará considerablemente a
seguridade viaria na estrada que vai ata Corbeiro.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira - Deputación da Coruña" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|