NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 67 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Trámites para consolidar varios postos de traballo

PHP-NukeO alcalde de Cedeira, José Luis Vergara, explicou onte que consistorio e sindicatos deron xa os primeiros pasos no municipio de cara á consolidación dunha serie de postos de traballo. O rexedor asegura que na actualidade traballan para o Concello unhas corenta persoas que carecen dun posto fixo. Aquelas nas que o seu contrato é anterior ao ano 2005 ríxense pola vía da consolidación, non sendo así para a totalidade do colectivo, tal e como indicou o rexedor. Vergara apuntou que se trata de dous procedementos moi regrados e asegurou que se buscou a fórmula máis favorecedora para os traballadores que xa teñen un posto de traballo no Concello, aínda que sempre aténdose á normativa vixente ao respecto.

Na Xunta de Goberno Local do pasado 12 de maio presentouse a oferta de emprego público correspondente ao presente exercizo no Concello. No que respecta ao persoal funcionario, figuran seis prazas libres, unha de auxiliar administrativo, tres de  administrativo e  unha de policía. Así mesmo, contratarase a un administrativo polo procedemento de promoción interna.
No caso do persoal laboral, as prazas libres son de limpador –sete vacantes–; subalterno –unha–; asistente social –unha–; auxiliar de axuda no fogar –nove– e auxiliar de axuda no fogar dependencia –quince–. Como consolidación de emprego temporal convocáronse postos de psicólogo, asistente social, peón –catro vacantes–, monitor de natación, auxiliar de mantemento polideportivo, educador familiar, auxiliar administrativo para servizos sociais e auxiliar encargado de polideportivo.
O rexedor local incidiu en que “nos gustaría que a consolidación de postos de traballo fose a consolidación de persoas, pero sempre hai que aterse ao que obriga a lei, ser puntilloso coa legalidade”. Así mesmo, Vergara incidiu na importancia que esta actuación terá no que respecta á modernización do consistorio.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Trámites para consolidar varios postos de traballo" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos