AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 68 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A CIG convoca mobilizacións o xoves 17 de xuño contra a reforma la

PHP-NukeA Confederación Intersindical Galega convoca para o vindeiro xoves 17 de xuño unha serie de mobilizacións en todo o país para rexeitar na rúa as medidas anticrise propostas polo Goberno español e loitar por unha folga xeral que paralice a nova reforma laboral. As manifestacións desenvolveranse a partir das oito da tarde en Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ferrol, Lugo, Ourense e Vilagarcía de Arousa. A central nacionalista repartirá tamén folletos explicando a necesidade de dar unha resposta contundente aos cambios que o Executivo de Zapatero pretende introducir porque constitúen un ataque aos dereitos da clase traballadora. Entre os principais argumentos, sosteñen que abaratar o despedimento non vai xerar emprego e que reducir os salarios desactivará o consumo e paralizará a economía. Neste senso, lembran que os países con salarios máis altos son os que menos están a sufrir a actual crise económica, teñen unha menor porcentaxe de desemprego e os contratos son menos precarios.


© 2010 CIG



Nos folletos arguméntase a oposición da CIG á reforma laboral e analízase o que suporá para as traballadoras e traballadoras a súa entrada en vigor. Dende o sindicato sosteñen que abaratar o despedimento non xera emprego, senón que o destrúe, e que reducir salarios non crea riqueza, xa que paraliza o consumo e desactiva a economía. Neste senso, poñen de manifesto que os países con salarios máis altos son os que menos están a sufrir a crise, teñen menor desemprego e contratos menos precarios.
Alertan tamén de que a reforma reducirá as pensións, cederá a xestión dos contratos a axencias privadas e empresas de traballo temporal, flexibilizará a xornada laboral e desregulará a negociación dos convenios para abaratar salarios e empeorar as condicións de traballo. Finalmente, lembran que os sindicatos españois UGT e CCOO teñen asinado nestes anos distintas reformas laborais que supuxeron o abaratamento do despido e a redución dos salarios e animan aos operarios/as a saír á rúa para rexeitar os cambios previstos.

LUGAR E HORA DAS DISTINTAS MOBILIZACIÓNS
:
 -Vigo: Vía Norte ás 20.00 horas. -A Coruña: Praza da Palloza ás 20.00 horas. -Santiago de Compostela: Praza Roxa ás 20.30 horas. -Pontevedra: Praza da Ferrería ás 20.30 horas. -Ferrol: Avenida de Esteiro (local da CIG) ás 20.00 horas. -Lugo: Parque de FRIGSA ás 20.00 horas. -Ourense: Pavillón dos Remedios ás 20.00 horas. -Vilagarcía de Arousa. Casa do Mar (Avenida da Mariña) ás 20.30 horas.

Consulta aquí o folleto explicativo.

Link: CIGONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"A CIG convoca mobilizacións o xoves 17 de xuño contra a reforma la" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos