|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 48 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| O DOG publica as normas para que os traballadores por conta allea poidan exercer |
O Diario Oficial de Galicia publicou onte as
normas para que os traballadores por conta allea poidan exercer o seu
dereito ao voto o vindeiro 1 de marzo. O obxectivo é regular as
distintas situacións que se poidan presentar para o exercicio do
dereito ao voto dos traballadores por conta allea que non gocen do seu
descanso semanal o día da votación, así como das persoas que interveñen
no proceso electoral.
Así, os traballadores por conta allea, cun horario de traballo que
non coincida co de apertura das mesas electorais ou que cadre cun
período inferior ás dúas horas, non terán dereito a un permiso
retribuído. No caso de que o horario de traballo se axuste co horario
de votación en máis de dúas horas e menos de 4, os traballadores
gozarán dun permiso retribuído de dúas horas.
Por outro lado, no suposto de que o horario laboral e das mesas
electorais coincidan en 4 ou máis horas e menos de 6, os traballadores
por conta allea disporán dun permiso retribuído de tres horas para
exercer o seu dereito ao voto. Por último, se ambos horarios coinciden
en 6 ou máis horas, estes traballadores terán garantido un permiso
retribuído de 4 horas.
Ademais, os traballadores por conta allea que non se atopen na
localidade onde lles corresponde exercer o seu dereito a voto disporán,
no seu horario laboral, de ata 4 horas libres para que poidan votar.
Por outro lado, os cidadáns que desexen formular persoalmente a
solicitude do certificado de inscrición no censo ou efectuar a remisión
do voto por correo gozarán de catro horas libres o día que desexen
facer estas xestións.
Asemade, os traballadores que desexen formular persoalmente a
solicitude do certificado de inscrición no censo ou efectuar a remisión
do voto por correo poderán dispoñer de catro horas libres.
Membros da mesa electoral
No caso de que un traballador por conta allea sexa nomeado presidente
ou vogal dunha mesa electoral, o día da votación disporán dun permiso
retribuído de xornada completa, se ese día non fora unha xornada de
descanso semanal. Ademais, terán dereito a unha redución da súa xornada
de traballo de 5 horas o día inmediatamente posterior. Por outra banda,
se a persoa tivese que traballar durante a noite do día anterior ao día
da votación, a empresa cambiaralle a quenda para que poida descansar
esa noite.
Por último, o empresario é o responsable de distribuír os períodos
nos que os traballadores disporán de permiso para acudir ás mesas
electorais para exercer o seu dereito ao voto. Tamén poderá solicitar
aos traballadores a presentación dun certificado de voto ou, de ser o
caso, a acreditación como membro dunha mesa electoral. Link: DOGAONline
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
Disculpa, los comentarios no están activados para esta noticia. |
|
|
|