AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 68 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Cambio de ubicación . Festa do Percebe

PHP-NukeA menos de tres semanas de que se celebre en Cedeira a tradicional Festa do Percebe, a organización acaba de decidir cambiar a localización da carpa principal, inicialmente prevista na praza Vermella. O Concello e a recentemente creada Iniciativa para a promoción turística de Cedeira e comarca, organización que engloba a distintos sectores, acordaron cambiar a localización do corazón da festa ao entender que a praza Vermella é un espazo demasiado grande e con poucas vistas ao mar, segundo aclarou onte o edil responsable de Festas, Xermán Tobío. O paseo da Mariña, en cambio, «é máis pequeno, agradable e desde el vese tanto o río como a praia», explica o representante municipal.

É por iso polo que os próximos días 19 e 20 deste mes a marxe dereita do paseo converterase no escenario da tradicional cita gastronómica co crustáceo estrela do municipio.

Este ano repartiranse preto de 2.000 racións de percebe na carpa da comisión de festas e outras case 3.000 nos distintos establecementos que por vez primeira participarán na organización do evento, en total 29, segundo indican fontes municipais.

En cada ración serviranse 250 gramos do crustáceo e o prezo da unidade oscilará entre os 11 e os 13 euros, unha cifra aínda sen concretar.

A próxima edición da Festa do Percebe será a primeira que non organice directamente a confraría de pescadores de Cedeira, entidade que fai semanas anunciou que por problemas económicos non podía facer fronte á cita. Aínda así está colaborando co Concello e a comisión de festas.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Cambio de ubicación . Festa do Percebe" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.25 Segundos