- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 55 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Comunicado da Presidencia en funcións da Xunta de Galicia

PHP-NukeAnte as informacións aparecidas hoxe en diferentes medios de comunicación, o presidente da Xunta en funcións, Emilio Pérez Touriño quere aclarar que: Desde o 1 de marzo, data das eleccións ao Parlamento de Galicia, ata a investidura do novo presidente -tras a constitución do Parlamento o 1 de abril- o actual Goberno da Xunta e o seu presidente están en funcións, tal e como sinala a normativa vixente. Polo tanto, o Goberno e o seu presidente exercen todas e cada unha das súas responsabilidades nos termos establecidos para este período. O Consello da Xunta seguirá tomando os acordos ordinarios que se corresponden coa natureza da mencionada situación. No seu momento, procederase, con plena normalidade democrática, a efectuar o traspaso de funcións. Resulta absolutamente innecesario e improcedente recordatorio algún por parte do señor Núñez Feijóo, en relación coa situación do Goberno e o mencionado traspaso. En calquera caso, podo asegurar que o comportamento deste Goberno en nada se parecerá ao procedemento seguido polo Goberno anterior, do que era vicepresidente o señor Núñez Feijóo, e que durante o período en funcións adoptou múltiples e relevantes acordos que nada teñen que ver coas propias dun Goberno en funcións. Entre estes acordos figuraban a concesión de licencias para establecer dúas canles autonómicas de televisión ou a sinatura dunha asistencia técnica a unha empresa da que a irmá do señor Núñez Feijóo era alta executiva. Por outra parte, e en relación co período de descanso do que desfruto neste momento, podo asegurar que se trata dun período vacacional costeado por min, con cargo ao meu patrimonio, non con cargo ao erario público, tal e como fixen en cada un dos períodos de descanso desfrutados desde que ocupo a Presidencia da Xunta. Trátase dunha viaxe programada con antelación ás eleccións ao Parlamento de Galicia, que vai desde o pasado mércores ata o domingo, en compañía da miña muller, e que forma parte da miña vida persoal.

Link: Xunta de Galicia - Presidencia



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Comunicado da Presidencia en funcións da Xunta de Galicia" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.17 Segundos