- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 69 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 USTG Cedeira - Comunicado

PHP-NukeO Comité Nacional da USTG acordou facer pública a súa posición de rexeitar as medidas aprobadas polo goberno para a reducción do déficit das contas públicas.

Para o Comité Nacional da USTG estamos diante dunha imposición antisocial inxusta e insolidaria.

Antisocial porque un goberno que se di socialista, opta por acometer a maior agresión que xamais un goberno se atrevera a levar a cabo desde o restablecemento da democracia no noso pais, facéndolle pagar a factura, un ha vez mais, aos mais débiles, traballadores e pensionistas.

Inxusta porque a fonda crise económica que estamos a sufrir, non ten as súas causas no incremento das pensión s, nin dos salarios, nin das melloras sociais, se non todo o contrario no insaciable afán de incrementar mais e rnais as súas ganancias os detentadores do poder económico, que son os mesmos "lobos" que atacan ó euro desestabjizando ós países que mais están sufrindo as consecuencias da súa actuación.

E insolidaria porque só se propón reducir o déficit pola vía de reducir o gasto social, sen recorrer a incrementar a recadación mediante un ha fiscalidade progresiva de xeito que aporte mais quen mais ten, sendo España un dos países da zona euro cunha mais baixa presión fiscal, ou sen combater a forte incidencia da economía soterrada que ten na precariedade e na desregulación seus máximos aliados.

Os traballadores e as traballadoras xa estamos a pagar a crise en termos de desemprego e empobrecemento de millóns de cídadáns e cidadás, mentres que os que a causaron reciben ínxentes sumas de diñeiro dos gobernos
respectivos, en lugar de acometer realmente os males que nos están afectando, que non son outros que:

·         A mala xestión, sen límites e sen control, dos mercados financeiros.

·         A precariedade laboral, acumulada a base de Reforma tras Reforma, case unha cada ano, do mercado do Traballo.
·         O inxusto e nada progresivo sistema fiscal xunguido as altas taxas de fraude e da economía mergullada.

O Comité Nacional da USTG en consecuencia, reclama do Goberno :

·         Unha política económica sostible que xere emprego digno e mellore as prestación s e proteccións sociais, pois a economía debe estar ó servizo do benestar dos cidadáns e non ó revés.
·         Un control efectivo dos mercados financeiros, impedindo que sexa a especulación quen reine e dite as directrices da política económica aos gobernos
·         O establecemento dun sistema fiscal progresivo, para que sexa certo que quen mais ten, mais aporte.
·         Unha actuación decida contra o fraude laboral e fiscal que faga aflorar para a súa regularización a inxente economía mergullada.

O Comité Nacional da USTG, considera que os sindicatos oficiais, están reaccionando TARDE E MAL, convocando mobilizacións para cando as decisións estean xa publicadas no BOE e polo tanto sexan irreversibles. Tan só tentan de xustificarse diante das súas bases, convocando accións só no sector da administración pública, e que de antemán se ven insuficientes para facer variar as decisións do Executivo.

Para a USTG sería necesaria un ha resposta moito máis contundente de toda a cidadanía, pois a conxelación das pensións, a reducción salarial dos empregados públicos e os recortes á baixa na dependencia, supón un serio ataque aos dereitos dos cidadáns. Con todo, a USTG vai estar e chama a participar nas mobilizacións, expresando a rabia que sentimos diante deste atropelo aos dereitos dos traballadores e cidadáns do noso país.

Galícia
,20 de maio de 2010

Link: UCTG Cedeira . www.ustg.es



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"USTG Cedeira - Comunicado" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.25 Segundos