AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 49 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 O fiscal pide a inhabilitación do arquitecto de Narón

PHP-NukeO arquitecto municipal de Narón, Manuel Villar Álvarez, actualmente en excedencia, enfróntase a penas de multa e inhabilitación que pide o fiscal polo exceso construtivo ou usos do complexo Odeón, sobre todo, do hotel Husa. Segundo o escrito de acusación provisional, entre os anos 2000 e 2004 iniciáronse o proxecto e demais xestións para a construción do centro comercial e o hotel. Entón o técnico municipal era o sinalado. Durante ese período, di a representante do Ministerio Público, informou favorablemente sobre as licenzas necesarias: o 31 de xullo do 2000 fíxoo para a licenza e un mes despois para a apertura e funcionamento.

Pero, respecto do hotel, existiron modificacións no proxecto inicial que contaron, engade a acusación pública, coa conformidade de Villar: a licenza de execución inicial de 22 de abril do 2003 foi informada favorablemente, do mesmo xeito que a modificación feita dous meses despois. Noutros dous pronunciamientos máis do técnico avaláronse outras modificacións. A xuízo da fiscal, «tales licenzas incumprían de forma manifesta os parámetros do Plan Xeral de 1985 que era de aplicación e que deberon de ser aplicados neste edificio». Especifica as ordenanzas do polígono industrial, co que a consecuencia foi que se fixou unha superficie de parcela de 38.233 metros cadrados e unha edificabilidade de 177.905 metros cúbicos, respectivamente.

Extralimitación

Tamén se infrinxiron, di logo, a ordenanza que regula os usos do inmoble, porque non se permitía a utilización do edificio «para usos recreativos e de espectáculo e construíuse unha boleira, salas de xogo e cines». Aínda por riba, apunta máis adiante a fiscal, cunha extralimitación nas alturas fixadas en 12 metros, pero que unha vez o complexo terminado, alcanza nunha parte do edificio os 17,20 metros e os 14,70 metros noutra. Tampouco se debeu permitir a construción do espazo baixo cuberta xa que debería ter comunicación coas estancias da última planta do hotel. «Na realización da infraestrutura urbanística nin sequera as obras axustáronse ao proxecto de urbanización que xa de seu infrinxía o Plan Xeral existindo entre ambos unha diferenza de 284 metros cadrados», porque no tramo final da avenida o viario estréitase ata os 14,4 metros. Por iso imputa ao arquitecto un delito contra a ordenación do territorio e pide que se lle impoñan penas de multa de 18 meses a razón de 20 euros diarios e inhabilitación especial como técnico municipal por oito anos e medio.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 2


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"O fiscal pide a inhabilitación do arquitecto de Narón" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.23 Segundos