- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 54 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Confrarías e asociacións recibirán preto de 11 milló

PHP-NukeA Consellería do Mar contribuirá á mellora da produtividade dos bancos marisqueiros, a través dunha orde de axudas a proxectos colectivos, de acondicionamento mariño e rexeneración. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde do 27 de abril de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras xerais para a concesión destas axudas, ás que a Consellería destina 10.985.000 euros.
A Consellería do Mar persegue, a través desta orde enmarcada no Plan de Recuperación de Zonas Improdutivas, incrementar as zonas de produción, dinamizar as zonas costeiras e crear máis postos de traballo nas diferentes áreas do litoral galego.
A contía total do orzamento distribuirase en catro anualidades, sendo cofinanciado polo Fondo Europeo da Pesca un 61 %.Tal e como se recolle nesta orde, os beneficiarios destas subvencións serán as entidades do sector pesqueiro coma confrarías, organización de produtores, cooperativas do mar ou asociacións de profesionais do sector que teñan a súa sede social en Galicia.

Esta liña de axudas permitirá apoiar aquelas iniciativas encamiñados a contribuír de forma sustentable a mellorar a xestión ou a conservación dos recursos, mediante o acondicionamento e rexeneración para a mellora da produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción.Os proxectos deberán explicar os obxectivos que se perseguen e deberán conter unha descrición das accións que se pretende emprender, cun calendario de realización e melloras esperadas con cada unha delas e con referencia expresa ás previsións de creación ou consolidación de emprego. Ademais, deben incluír un proxecto técnico que permita determinar a viabilidade do proxecto e o plano de localización das accións previstas.

O prazo de presentación de solicitudes ábrese mañá e finalizará dentro dun mes.Unha vez aprobados os proxectos, un equipo técnico, formado por persoal da Dirección Xeral de Ordenación dos Recursos Mariños, do CIMA, do Cetmar e do Intecmar terá como función realizar un seguimento científico-técnico das actuacións incluídas no proxecto, así como de asesorar durante a súa execución ás entidades beneficiarias.

Con esta orde, a Consellería do Mar dá cumprimento ao seu compromiso de traballar na recuperación das zonas marisqueiras improdutivas e incrementar as zonas de produción, tal e como anunciou a titular do departamento, Rosa Quintana na inauguración do VI Encontro de mariscadoras a pé, que se celebrou no mes de febreiro.

Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Confrarías e asociacións recibirán preto de 11 milló" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos