- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 70 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Greenpeace: en Galicia para denuncia a política comunitaria en relaci&oac

PHP-NukeO barco da organización ecoloxista Greenpeace 'Arctic Sunrise' estará desde este fin de semana en Galicia para denunciar a política comunitaria en relación co medio mariño, coincidindo coa celebración da Conferencia sobre a Reforma da Política Pesqueira Común, que terá lugar na Coruña os días 2 e 3 de maio, e a reunión de ministros de Pesca da Unión Europea os días 4 e 5 en Vigo.

Greenpeace anunciou hoxe que levará a cabo distintas actividades en Galicia "para denunciar a mala xestión que se realizou ata agora do medio mariño coas anteriores Políticas Pesqueiras Comúns", asegura nun comunicado.



O 30 de abril a organización ecoloxista presentará na Coruña o informe "A pesca en España: unha lección non apresa", no que se analiza o estado das pesqueiras españolas, con especial atención á situación galega.

Ademais, o 1 de maio a organización celebrará a entrega dos seus premios "Artemio Precioso" ao xornalista ambiental Gustavo Catalán. O escritor galego Manuel Rivas será o encargado de entregar o galardón.

Tamén as persoas que o desexen poderán achegarse a coñecer o rompehielos 'Arctic Sunrise', un dos tres barcos da organización. Para iso, realizaranse xornadas de portas abertas con visitas guiadas os días 4 e 5 na Coruña e 8 e 9 en Cedeira. Ademais, o día 5 proxectarase a bordo un documental.

A segunda parada do rompehielos será o porto de Cedeira, onde o barco será recibido por unha comitiva de pescadores artesanais locais.

Para rematar, o día 11 de maio o barco recalará en Cangas do Morrazo para denunciar "o proxecto de construción dun porto deportivo en Massó que ameaza un espazo de alto valor pesqueiro e marisqueiro", sostén a organización no seu comunicado.

Link: EPONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Greenpeace: en Galicia para denuncia a política comunitaria en relaci&oac" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos