|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 48 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| A reforma do voto emigrante |
Un artigo de Xavier Carro, Deputado do PSdeG, publicado no Xornal de Galicia.
" As irregularidades no exercicio do voto dos españois no exterior
poñen de manifesto a necesidade de reformar os procedementos e incluso o
mesmo dereito ó voto dun colectivo que medra a un ritmo superior á
poboación residente. Pero isto non nos pode levar a recortar dereitos
civís ós nosos parentes da diáspora sen pararnos a reflexionar sobre o
significado deste feito.
En Cedeira, o meu pobo, hai tres escolas construídas nos anos vinte
do século pasado polas sociedades cedeiresas na Habana. Nunha delas
aprendín a ler e a vivir e invádeme un sentimento de gratitude para
aqueles que se foron e non nos esqueceron, en tempos nos que aló se
estaba mellor que aquí. Quizais por isto non son capaz de sentirme
orgulloso de corresponder ós seus netos, que son os meus primos, que
teñen aínda propiedades e dereitos de herdanzas en Galicia,
retirándolles o dereito ó voto.
Parece como se todos os votos que veñen de fóra estiveran suxeitos a
sospeita, pero pola contra, non nos alarmamos cando o PP organiza o
carrexo de votantes elección tras elección ó longo de toda Galicia,
acaso estes votos son menos fraudulentos que aqueles? Pois ben, nin uns
nin outros, debemos modificar os procedementos de voto no exterior para
garantir o exercicio persoal, intransferible e libre deste dereito, sexa
ou non en furna, xa que hai recursos e técnicas suficientes para
garantir a calidade democrática do proceso, fágase.
Pero resolto isto, deben ter dereito ó voto os cidadáns con
nacionalidade española que residen no exterior? Depende, ou dito doutro
xeito, si en determinadas circunstancias, concretamente en atención á
súa condición de ser suxeitos de dereitos, servizos e prestacións que
emanan de decisións das distintas administracións públicas. Baixo esta
lóxica non parece razoable que voten nas eleccións municipais, xa que
dende os concellos nada se decide en relación a este colectivo de
cidadáns. Pero si dende a Xunta de Galicia ou dende o Goberno do Estado.
Recentemente, o presidente Feijóo tomou a decisión de pechar a
delegación galega en Bos Aires. Na lexislatura anterior o Goberno de
Zapatero aprobou o Estatuto dos Españois Residentes no Exterior. Á vista
disto, parece lóxico que estando afectados polas decisións políticas
dos gobernos e parlamentos galego e estatal teñan dereito a decidir
sobre a composición de ámbalas dúas cámaras.
Podemos discutir en que proporción ou de que xeito, pode ser nunha
circunscrición específica ou non, podemos asinarlles un número de
escanos como a unha provincia ou non, pero debemos ter claro que votan
para decidir, que ese é o seu dereito, tan lexítimo como o meu.
Finalmente penso que temos unha débeda pendente coa nosa diáspora e
con nós mesmos, nunca fomos capaces de crear, de tecer unha verdadeira
rede de complicidades entre a nosa emigración e os intereses de Galicia.
Temos galegos en todo o mundo e moitos deles forman parte de gobernos e
dominan sectores produtivos e financeiros en países como México,
Arxentina, Uruguai, Venezuela, etc., e en vez de traballar para
constituír unha comunidade potente, estamos falando de retirarlles o
voto. Que ben nos viría ter un lobby galego que nos axudara neste
momento de crise, por exemplo comprando R en vez de darlla ós
británicos." Link: XORONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"A reforma do voto emigrante" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|