- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 28 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Táboas pedirá na Cámara a retirada do Plan do Litoral

PHP-NukeO grupo parlamentar do BNG, a través da súa deputada Teresa Táboas, levará á Cámara a retirada do Plan de Ordenación do Litoral para iniciar unha redacción nova do mesmo que se axuste á “realidade galega, estea ben ideado e ben realizado tecnicamente”.

Táboas rexistrou unha proposición non de lei neste sentido, reclamando tamén que o novo texto sexa ponderado e equitativo, toda vez que tal e como se está tramitando nestes momentos dende a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras é un documento ineficaz e falto de rigor que aplica criterios arbitrarios polos que se beneficia a uns en detrimento de outros.

Neste sentido, a deputada nacionalista advirte de que é un documento “proteccionista” coas desfeitas realizadas durante os últimos anos e, sen embargo, é claramente permisivo con actuacións que colisionan co litoral, como poden ser certas industrias ou as instalacións acuícolas.

Para a parlamentar, a chamada “Mellora Ambiental Paisaxística” que supostamente recolle, é outra eiva máis do texto en tramitación, xa que parte do descoñecemento absoluto de como foi ocupado o litoral galego secularmente, a carón do mar en moitas áreas. “Resolver como un todo unha franxa costera complexa, que require dun estudo feito polo miúdo, carece porén de todo rigor conceptual”, engade Táboas.

A deputada nacionalista considera que outra boa proba da falta de criterio e planificación “á que nos ten acostumado este goberno” é a ampliación do prazo de información do texto perante as corporacións locais, que remataba o pasado 10 de Marzo e que tivo que prolongarse até o 3 de Maio porque dada a trascendencia do Plan era un tempo claramente insuficiente.

Link: BNG Galiza



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Táboas pedirá na Cámara a retirada do Plan do Litoral" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos