|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 31 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Fases da informatización dos xulgados de paz |
O proceso de informatización do resto dos Rexistros Civís realizaráse
en dúas fases. A primeira afectará aos ubicados nos xulgados de paz
atendidos por funcionarios da Administración de xustiza -os de máis de
quince mil habitantes- e está planificada entre os meses de abril e
xullo de 2009, ata completar 74 oficinas delegadas. A segunda fase,
prevista entre setembro de 2009 e outubro de 2010, comprenderá os 196
xulgados de paz restantes, que se corresponden cos concellos de
poboación inferior aos 7.000 habitantes e están atendidos por
secretarios “idóneos” designados pola corporación local. A continuación
desenvolverase a fase de dixitalización de inscricións ata 1950, que
será competencia da entidade estatal RED.ES.
Modernización da xustiza de paz
A informatización dos Rexistros civís delegados, xunto coa
dixitalización e a gravación dos libros rexistrais, posibilitarán un
funcionamento máis eficaz do servizo e supoñen a incorporación da
xustiza de paz á Sociedade da Información. Con esta actuación os
xulgados de paz, que quedarán conectados en rede co resto da
Administración de xustiza galega e española, poderán iniciar a
prestación de servizos telemáticos aos cidadáns. Ademais, a integración
dos xulgados de paz en rede permitiralles acceder aos servizos web
postos a súa disposición a través da intranet da Dirección Xeral de
Xustiza e os portais do Ministerio de Xustiza e o Consello Xeral do
Poder Xudicial.
Asemade, a informatización do rexistro civil posibilitará a
prestación de novos servizos ao cidadán como a petición de certificados
a través de correo electrónico e Internet, posibilidade que actualmente
se atopa dispoñible a través do portal www.mjusticia.es. Doutra banda,
os distintos organismos das Administracións Públicas, como a Seguridade
Social e o Instituto Nacional de Estatística, recibirán directamente
vía telemática a información que na actualidade lle remiten todos e
cada un dos xulgados de paz
LEXNET, sistema de notificacións telemáticas
Doutra banda, nove xulgados da provincia da Coruña xa teñen implantado
o sistema de notificacións telemáticas LEXNET, realizada a través dun
convenio de cooperación tecnolóxica asinado entre o Ministerio de
Xustiza e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e
Xustiza. A función principal deste sistema e o intercambio instantáneo
de do*****entos xudiciais en formato electrónico que garante a seguridade
e a fiabilidade de comunicación entre todos os membros que participan
na Administración de xustiza.
A día de hoxe LEXNET está implantado no Xulgado do Mercantil da
Coruña, nos catro xulgados do contencioso-administrativo da mesma
cidade e nos dous xulgados de primeira instancia e instrución de Ordes
e Padrón. No Colexio de Procuradores da Coruña se atopa en produción
real no sistema e no de Santiago de Compostela solicitouse a súa alta.
Así mesmo, a primeira fase de implantación de notificacións telemáticas
comprenderá progresivamente a un total de 40 xulgados da provincia
coruñesa, o que supón ao rredor do 42% dos xulgados provinciais.
Lexnet é un sistema de transporte nacional, desenvolvido e
administrado polo Ministerio de Xustiza, que actualmente está
implantado ou en proceso de implantación na Audiencia Nacional, en
xulgados e tribunais do territorio xestionado polo Ministerio de
Xustiza (León, Burgos, Salamanca, Zamora, Cidade Real, Cáceres, Murcia
e Cartaxena), na Comunidade Valenciana (en Elche) e en Cataluña, nos
xulgados mercantís e de violencia sobre a muller e nos xulgados civís
da totalidade dos partidos xudiciais. Na nosa Comunidade estase levando
a cabo cun plan de implantación que comprende todas as sedes xudiciais
galegas e todas as ordes xurisdicionais e instancias.
Para a Consellería de Presidencia a posta en funcionamento da
presentación telemática de escritos é un aspecto clave en prol da
modernización da xustiza, pois facilitará a incorporación masiva de
demandas e do*****entos aos sistemas informáticos dos xulgados e
tribunais, presuposto necesario para implementar de xeito efectivo o
intercambio telemático -en tempo real- de comunicacións e do*****entos
neste eido. A medida tamén contribuirá a facilitar o desempeño das
profesións xurídicas e suporá un aforro para as partes litigantes, que
evitarán os custos da expedición de copias.
Recentemente o Ministerio de Xustiza anunciou que está a traballar
en prol da integración de LEXNET co sistema informático Fortuny, de
xestión nas fiscalías. Esta integración, que será unha realidade nos
próximos meses, reducirá de maneira notable a carga de traballo dos
funcionarios da fiscalía, que se beneficiarán do rexistro de asuntos
efectuados polos xulgados e tribunais.
Link: XONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"Fases da informatización dos xulgados de paz" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|