NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 94 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Resposta do Alcalde José Luis Vergara ó Partido Popular de Cedeira

PHP-NukeDecidimos deixar atrás toda a xestión anterior ao 27 de maio do 2007, motivo polo cal non se impulsou desde o goberno local ningunha investigación, inspección ou auditoría sobre o pasado. Estabamos convencidos de que o paso á modernidade produciríase, fundamentalmente, mirando ao futuro evitando toda sospeita de revanchismo. Polo tanto, o que pasou no ano 1987, coas maneiras de contratar o Polideportivo, non nos importarían se non houbese un Xulgado que castiga ao pobo de Cedeira a indemnizar a unha empresa coa que  non se cmpleu.

Os responsables deste desaguisado económico e de imaxe para o noso municipio están doentes (basta ler os termos que utilizan no comunicado de prensa) pala solicitude de información ao grupo popular. Pero esta información téñena que dar, teñen a abriga moral de explicarlle á cidadanía por qué afrontaron unha obra con menos cartos dos que se gastaron como afirma a demoledora sentencia do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia contra o Concello de Cedeira. Teñen que explicar por que gastaron de máis e por que non pagaron  podendo evitarnos os intereses, que supoñen unha cantidade superior aos 20 millóns das antiguas pesetas. Non nos distraigan dicindo que a empresa pedía moito máis. Trátase de que vostedes desfasaron un 20% e non os pagaron.

A empresa afirma que xa os tiña advertidos nun principio. Vostedes son os que teñen que explicar por qué os presionaron a aceptar a obra como igualmente afirman os constructores. Non deben enfadarse cos que preguntamos, deben respostar sen acritude, con prontitude e con toda a extensión que sexa necesario ás preguntas que se fan os cidadáns de ben.

¿Presionou vostede á empresa para que aceptase a obra por un custo inferior ao real?¿Que elementos de presión utilizou para que aceptasen? ¿O seu director de obra cando  certificou un custo superior ao presupuestado fíxoo co seu ceñecemento?¿Había un acordo non escrito entre vostede e a empresa no sentido de atopar algunha "compensación" ao remate da obra?
 
Vostede saberá por que non asisteu ao Pleno Ordinario no que sabía que se farían estas preguntas. Pero a fuxida ao único que conduce é a que se pense que carece dunha contestación "plausible".
 
A estratexia de querer equiparar a obra do centro sociocultural con esta desfeita do polideportivo non lle vai dar resultado comigo. Eu non era o Alcalde nin tiña representación algunha, pero ainda así estou disposto a debatir tamén este tema con luz e taquígrafos.

Os insultos de "ignorancia", "torpeza" ou "malicia" cos que tan amablemente me cualifican definen perfectamente a quen os emite. Eu non vou poñerme ao mesmo nivel.  Outras afirmacións sen concretar que queren ter apariencia de datos informativos simplemente se quedan en mentiras que non serán capaces de demostralas porque simplemente son falsedades que aspiran a poñernos a nós ao mesmo nivel que ustedes. É a táctica do ventilador frente á que responderemos con transparencia, boas formas e propostas de futuro.

José Luis Vergara Rey
Alcalde de Cedeira



Link: José Luis Vergara Rey. Alcalde de Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 2


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Resposta do Alcalde José Luis Vergara ó Partido Popular de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.25 Segundos