|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 74 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| A política de contratacións de Rubido foi aplaudible, segundo o PP |
O Partido Popular de Cedeira critica ao goberno municipal cedeirense, en
concreto ao alcalde socialista José Luís Vergara, tras solicitar este
en o último pleno municipal explicacións sobre o proceso que obriga ao
Concello, en virtude dunha sentenza contra a que non cabe recurso do
TSXG, a pagar 250.000 euros a unha empresa construtora. Así, argumentan a
través dun comunicado que unha sentenza ditada polo Tribunal Supremo en
2007, "na que se rexeitaron o 80% das pretensións dunha construtora, en
controversia xa histórica co Concello", vén recordar "a acertada e
aplaudible política levada a cabo por Leopoldo Rubido ao non acceder ás
demandas dos contratistas cando estes reclaman pagos de obras por encima
do prezo pactado co Concello".
Ademais, os "populares" aseguran que o alcalde, José Luís Vergara, "pretende agora, con tanta ignorancia e torpeza como malicia, utilizar a
súa falta de previsión como cortina para ocultar os grandes desamaños e "desfeitas! -que non citan- orzamentarias da súa exclusiva
responsabilidade". Así mesmo recordan que durante o goberno bipartito da
Xunta pagáronse sumas "moi por encima do prezo de adxudicación do
centro social, accedendo en todo momento ás pretensións da empresa
contratista no canto de "plantar cara" nos xulgados", din. Ademais,
engaden que é "repudiable acceder sen máis" a pagar por encima dos
prezos de licitación ou realizar adquisicións de servizos "en niveis
escandalosamente superiores aos prezos de mercado". Sobre isto aseguran
que o alcalde chegou a ordenar pagos de 300.000 euros en 2008 por unha
partida orzada na metade, "desoindo ata un informe da intervención",
din.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"A política de contratacións de Rubido foi aplaudible, segundo o PP" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|