AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 40 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Auténtica Xeración Distribuidora de Segovia SL

PHP-NukeUnha decena de empresas mostraron o seu interese por adquirir unha das naves do polígono cedeirense da Trabe, cuxas obras de construción están practicamente concluídas e só resta a inauguración oficial que desde o Concello confían que se produza nun breve período de tempo. Desde Xestur, organismo público adscrito ao Instituto Galego de Vivenda e Solo, que depende da Consellería de Medio Ambiente, confirmaron o interese de polo menos unhas dez persoas por instalarse no polígono cedeirense. Ata a data, só adquiriu unha parcela unha compañía, da que non se facilitaron datos.

Outra empresa que xa mostrou o seu interese por trasladarse ao polígono cedeirense é Auténtica Xeración Distribuidora de Segovia SL (AGDS). De feito, responsables desta empresa trasladáronse á vila nos últimos días para entrevistarse co alcalde de Cedeira, o socialista José Luís Vergara, quen se mostrou moi satisfeito pola noticia e o que levará para a vila.

Trátase dun grupo que investiu no 2008 un total de 19 millóns de euros en enerxías renovables, e plantas fotovoltaicas. Na actualidade producen 5.000.000 de quilovatios anuais, coa achega de beneficio ambiental que iso leva. En 2009 inician a construción de plantas de xeración eléctrica con tecnoloxía de gasificación, no concepto de auténtica xeración distribuída, produción e consumo. O interese desta compañía leonesa pasaría por situar unha planta no polígono cedeirense, onde producirían, nunha primeira fase, 1,2 megavatios, ampliables nunha segunda fase a 4,8 megavatios.

Responsables da empresa con sede en Segovia visitaron xunto co rexedor municipal posibles plantacións forestais viables de ser utilizadas na planta cedeirense e das que se extraerían unhas 10.000 toneladas de eucaliptos ou outras árbores susceptibles. Na Trabe non só xerarán enerxía eléctrica, tamén calorífica. Neste sentido, segundo informaron ao rexedor municipal os responsables de AGDS, a planta será capaz de xerar calor para dotar de servizo a unha nave superior aos 5.000 metros cadrados.

Situarse no polígono en lugar doutro punto do termo municipal cedeirense supón unha vantaxe, segundo explicouse desde o Concello, xa que o espazo empresarial conta con todos os servizos a diferenza doutros terreos.

Emprego

A posta en marcha da planta de biomasa no polígono da Trabe levará a creación de, polo menos, vinte postos fixos e outros cinco en formación.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Auténtica Xeración Distribuidora de Segovia SL" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos