A Sociedade Cultural Rio Condomiñas retoma a organización do certame de poesía que encheu de flores e verbas as primaveras da Vila e Terra de Cedeira da última década.
Os Xogos Florais de Cedeira, acontecemento que prestixiou a vida cultural do noso pobo e que se votaba en falta dende o ano 2007, volve a convidar a autores e adeptos á poesía para o vindeiro Domingo 30 de Maio no Auditorio Municipal ás 12 da Mañá.
Nesta súa décima edición contará tamén coa colaboración da Deputación da Coruña, Concello de Cedeira e da Mesa pola normalización lingüística.
Para participar neste evento o tema será libre e só se poderá presentar un poema por participante, orixinal, inédito e deberá estar escrito en galego.
Proximamente se dará a coñecer mais detalladamente as bases do certame.
"Flores e verbas e mil Primaveras mais para o noso idioma".