- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 32 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Nova ruta circular

PHP-NukeO Club Montaña Ferrol presentou un proxecto ao Concello de Cedeira para habilitar unha ruta circular que bordearía gran parte do territorio cedeirense. Trátase dun estudo que xa foi presentado ao goberno municipal e que está sendo estudado polos responsables do consistorio, aínda que ata a data aínda non se asinou o convenio que permitiría pór en valor este itinerario, tal e como se informou desde o citado club.

Esta nova ruta circular comprendería un percorrido duns 40 quilómetros cunha dificultade media-alta. Segundo as formulacións do Club Montaña Ferrol, o percorrido iniciarase na praia da Magdalena, continuando ata Punta Robaleira cara a San Andrés de Teixido -non se contempla chegar ao santuario senón á parte alta do mesmo-, posteriormente continuarase pola Garita de Vilar, cara ao Castelo da Concepción, concluíndo así a ruta circular, que parte dun lado da vila e regresa polo outro. Durante o traxecto os camiñantes poderán gozar de vistas privilexiadas da praia, o mar, os cantiis e a serra da Capelada, en definitiva, de gran parte do potencial turístico que presenta a vila e desde distintos puntos xeográficos.

Tal e como figura no proxecto, a ruta farase no sentido das agullas do reloxo, para evitar unha importante pendente no inicio do camiño, que é a que se corresponde coa baixada cara á vila camiño do Castelo de Concepción. Deste xeito, o inicio de ruta desde A Robaleira cara a San Andrés aínda que é en subida, faise de forma graduada, segundo explicou Xan Ramírez, do Club Montaña. Á altura da Garita de Vilar tamén haberá que facer fronte a 200 metros de desnivel, pero aínda así se deseñou un percorrido para ser ?alcanzable, aínda que con algo de esforzo?, puntualizou Ramírez.

O valor desta nova ruta, que foi ideada en colaboración cun grupo de camiñantes que percorren a diario o municipio cedeirense e son bos coñecedores dos camiños tradicionais que se pretenden recuperar, radica na súa importancia turística e tamén no seu valor deportivo, destacou Xan Ramírez.

En canto ao custo deste proxecto, desde o Club Montaña Ferrol estiman que a organización da marcha, cuxa inauguración está prevista para o mes de setembro, suporía un custo de 3.000 euros, que se descontarían, só nunha parte, das cotas de inscrición. A parte de marcado da ruta sería competencia do Concello.

Desde o Club Montaña Ferrol traballan xa noutro proxecto, aínda que con uncarácter moito máis didáctico, que terá como referene a serra da Capelada.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Nova ruta circular" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.25 Segundos