AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 53 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Pachi Vázquez, colle a “pole position”

PHP-NukePoucas horas despois de ver como caía o bipartito, os socialistas non queren quedar lambendo as feridas da derrota. A rápida dimisión de Emilio Pérez Touriño abre un debate nun partido que ten claro que ten que ter un novo líder en pouco máis de sete semanas. A falta de confirmar a data do congreso extraordinario (barállase o 25 de abril), xa comezaron os primeiros movementos internos para substituír a Touriño.

E se hai unha figura que comeza a abrollar neste escenario convulso é o ex conselleiro de Medio Ambiente, “Pachi” Vázquez. O que fora rexedor do Carballiño conta co apoio de boa parte das bases do partido, aínda que tamén é certo que é visto con desconfianza nas dúas principais áreas urbanas do país: A Coruña e Vigo.


Os seus partidarios consideran que Vázquez ten todo o que lle faltaba a Touriño: carisma e conexión co militante de a pé. Ademais de Ourense, o ex conselleiro ten o apoio de comarcas de Pontevedra. Se isto fose pouco, o vicesecretario xeral do PSOE, Xosé Blanco, xa deixou claro que vía con bos ollos un político que ten experiencia tanto en corporacións locais como no Parlamento.

Este mesmo martes, o vicesecretario xeral do PSdeG, Ricardo Varela, daba novas pistas. Logo de afirmar que non ía pelexar polo posto de Touriño, apurouse a dicir que tiña na cabeza o mellor candidato. Todas as características (experiencia institucional e apoio das bases) apuntaban outra vez a “Pachi” Vázquez.

Porén, tamén é certo que hai voces que non teñen tan clara a idoneidade de Vázquez. Os lastres son dous: ter pertencido a un goberno derrotado por goleada na primeira lexislatura e a idade. Aínda que o do Carballiño ten 54 anos, hai quen pensa que a “era Feijoo” vai durar, e moito. “O ideal era un candidato que estivera agora nos cuarenta e tantos anos, con forzas para aguantar unha travesía no deserto que pode ser ben dura”, sinala un dirixente veterano do PSdeG coruñés. Nesta mesma bisbarra hai quen ve o perfil anterior en Mar Barcón, unha militante con táboas, e que ten a “idade axeitada” para esperar unha oportunidade: 45 anos.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Pachi Vázquez, colle a “pole position”" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos