- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 54 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Proxecto de museo municipal

PHP-NukeFronte á casa consistorial de Cedeira hai un antigo edificio de propiedade municipal co seu interior en ruínas que se coñece como a casa de don Avelino. O inmoble actual é do século XIX, pero se asenta sobre as bases dunha vivenda do século XV da que conserva varios escudos e algún alicerce.
O Concello fíxose con ela durante o anterior mandato do PP e fíxoo coa idea de converter o inmoble nun museo. O novo goberno local seguiu adiante coa idea dos seus antecesores e é agora cando se están preparando os informes para que o Consello da Xunta declare o edificio Ben de Interese Cultural (BIC).


© La Voz de Galicia


O cronista do pobo, Rafael Usero, foi quen durante todos estes anos encargouse de recompilar varias pezas de gran valor para enriquecer o que será o futuro museo.

Se a proposta que formule o Concello de Cedeira á Xunta sae ben, a actuación «poderá beneficiarse entón de varias axudas para por fin converter a casa nun museo», explica o alcalde de Cedeira, José Luis Vergara.

Ata entón, o Concello prevé varias intervencións no edificio. A primeira chegará antes do verán e consistirá en arrombar a fachada cun orzamento que roldará os 10.000 euros. Máis tarde se desparasitará o interior do inmoble por uns 5.000, segundo indican fontes municipais. Ademais, o Concello prevé recuperar o patio da antiga casa e abrilo aos veciños do municipio. De feito, explica Vergara, «xa habilitamos o acceso rodado para minusválidos».

Máis de dous anos de espera

A finais do 2007, o goberno local cedeirense xa anunciaba que rehabilitaría o edificio para abrir un museo histórico. Naquel momento arrincaban as negociacións coa Xunta para que fose o Goberno autonómico quen financiase o conxunto das obras.

Case dous anos e medio despois, e practicamente na mesma situación, o alcalde de Cedeira aclara que «non tería ningún sentido iniciar as obras no edificio cando estaba prevista unha intervención potente na zona vella», financiada cos fondos do Plan E do pasado ano. Agora, co centro rehabilitado, «é o momento de actuar no edificio». Aínda así, é consciente de que o museo «non se verá ata dentro dun lustro máis ou menos. Estas cousas, nos pobos pequenos, van demasiado amodo». Ademais, o Concello quere que sexa o investigador Rafael Usero o director do futuro museo municipal.

A idea inicial é que a casa, con tres plantas, dea cabida a varias área ben diferenciadas: unha etnográfica, outra arqueolóxica e unha terceira ambiental.

Pola súa banda, o grupo municipal do PP en Cedeira critica ao equipo de goberno por entender que «ata agora non se puxo de acordo con este asunto», asegura o portavoz, Eduardo Foces. Na súa opinión, «quizá como lles queda pouco para que se acabe o mandato queren aproveitar algunha axuda para este proxecto».

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Proxecto de museo municipal" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.37 Segundos