NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 60 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Episodio de meteoroloxía adversa de nivel de laranxa

PHP-NukeA Dirección Xeral de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza avisa dun episodio meteorolóxico adverso por mar de fondo, vento en mar e mar de vento que afectará a todo o litoral da Comunidade Autónoma galega a partir de mañá, mércores. O mar de fondo dará lugar a ondas de 6 metros e mar combinada con posibilidade de aumentar aos 7 metros de altura e o vento en mar, que será especialmente significativo ao norte de Fisterra, acadará a Forza 8-9 con áreas de mar moi grosa. Segundo as informacións recibidas da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), estes valores correspóndense cun nivel de alerta laranxa, que coexistirá con outros fenómenos meteorolóxicos adversos de nivel amarelo en terra por mor do vento e a neve.
Segundo as prediccións da AEMET, os refachos de vento en terra poderán acadar os 80 quilómetros á hora, especialmente ao noroeste e oeste da provincia da Coruña e nos concellos da Mariña lucense. Ademais, rexistraranse precipitacións en forma de neve nas montañas de Lugo e Ourense, onde se poderán a*****ular 5 centímetros de espesor. A cota situarase arredor dos 1.000 metros.



A Dirección Xeral de Protección Civil, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, alertou da situación meteorolóxica adversa no mar a todos os concellos do litoral, aos clubs náuticos e aos organismos das administracións estatais e autonómicas con competencia nesta materia. Tamén se lle informou do episodio adverso por vento en terra e neve de nivel de alerta amarela aos servizos provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia, ás Deputacións provinciais, aos concellos de montaña de Lugo e Ourense e a todos os parques de bombeiros de ámbalas dúas provincias. Desta maneira agárdase que se adopten as precaucións oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Por último, a Dirección Xeral de Protección Civil quere recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción como evitar achegarse a diques ou rompentes nos que o mar poida arrastrar persoas ou vehículos e informarse do estado das estradas antes de realizar calquera desprazamento. Igualmente, aconséllase consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Link: XONLine




 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Episodio de meteoroloxía adversa de nivel de laranxa" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.30 Segundos