NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 78 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Xosé Blanco, en galego, defende o uso de todas as linguas oficiais

PHP-NukeO ministro de Fomento, Xosé Blanco, pronunciou esta cuarta feira unhas palabras en galego ante o pleno do Senado para deixar clara a súa defensa do uso de todas as linguas oficiais na Cámara Alta ao parlamentario Miquel Bofill, que comezara a formularlle unha pregunta en catalán.


Bofill, senador de Entesa Catalana de Progrés, expresara a súa confianza en que o titular de Fomento, e o presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, acepten que no Senado se poidan "usar con normalidade e naturalidade as linguas oficiais das Comunidades" nas sesións de control ao Executivo.

Antes de responder en castelán ás inquietudes de Bofill sobre as obras de desdobramento da N-II na provincia de Girona (Cataluña), Blanco comezou a súa intervención en galego para proclamar: "Eu tamén son dos que defendo que nesta Cámara se poida falar algún día en galego".

Ao respecto, A Mesa pola Normalización Lingüística felicitou o de Palas de Rei e instouno a que o seu ministerio o utilice con normalidade en Galiza. "Agardamos que este xesto se traslade a unha presenza normal do galego na Administración Xeral do Estado en Galiza, onde case todo está aínda por facer para o noso idioma", sinalou o seu presidente, Carlos Callón.

"Sería importante simbolicamente que o galego se puidese falar no Senado e no Congreso, mais é moitísimo máis importante que se garanta o dereito cidadán a recibir información e atención en galego no Ministerio de Fomento, que lamentabelmente continúa a actuar como se Galiza non tivese idioma propio", engadiu.

López Chaves teima en falar castelán

Por outra banda, a intervención en castelán do deputado do PPdeG Ignacio López Chaves tamén esta cuarta feira no pleno da Cámara provocou a protesta desde as bancadas do BNG.

Durante os dez minutos que falou, os deputados nacionalistas ergueron carteis coa proposición non de lei aprobada por unanimidade a pasada semana e que instaba os altos cargos da Xunta a "facer uso público, tanto oral como escrito" do galego no desempeño da súa responsabilidade pública.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Xosé Blanco, en galego, defende o uso de todas as linguas oficiais" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.31 Segundos