|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 26 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Ser galego é "pexorativo", segundo ... |
A deputada de UPyD no Congreso, Rosa
Díez, volveu insistir na súa tese de que o cualificativo de "galego" é
pexorativo. Nunha entrevista concedida a CNN+, conducida polo
xornalista Iñaki Gabilondo, Díez definiu a José Luis Rodríguez Zapatero
como que "podería ser galego no sentido máis pexorativo da palabra".
Xa non é a primeira vez que a política máis valorada do Estado Español -segundo a última enquisa do CIS-
lle atribúe un carácter negativo á galeguidade. Fixera o mesmo o pasado
mes de outubro, daquela referida a Alberto Núñez Feijoo, do que dixera
que "para min está a ser demasiado galego, no sentido pexorativo do
termo".
Nas pasadas eleccións
galegas, en marzo de 2009, o partido de Rosa Díez converteuse na cuarta
forza do país en número de votos, con 23.796 sufraxios, o 1,41% do
total.
Neste vídeo,
publicado no YouTube polo propio partido de Rosa Díez, podemos ver,
arredor do minuto 5, como a deputada fai esa descrición diante dun
Gabilondo que, impasíbel, non lle pide ningunha explicación polo
cualificativo. De feito, o blog do xornalista vasco estase a encher de comentarios de persoas que lle recriminan o seu silencio.
Repulsa do BNG O portavoz nacional do BNG,
Guillerme Vázquez, pediulle a Rosa Díez que presente "desculpas de
inmediato" ao pobo galego por usar o adxectivo como insulto. Vázquez
preguntouse "cal é o sentido máis pexorativo do termo galego" e afirmou
que "nós desde logo nunca aplicaríamos o termo pexorativo a nengún
xentilicio do Estado español nin de nengún outro Estado do mundo".
Considerou
as declaracións de Díez como "unha intolerábel manifestación de racismo
antigalego e de rancio chovinismo que se compadece mal cos modos que
debe exhibir a dirixente dunha formación política democrática". Por
iso, engadiu que "a señora Rosa Díez ten que retirar imediatamente as
súas palabras" e quw lle debe "unha explicación á sociedade galega".
Link: VIONLIne
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Ser galego é "pexorativo", segundo ..." | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|