AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 30 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - ANUNCIO

PHP-NukeConvocatoria e elección do xuíz de paz titular do concello de Cedeira

ANUNCIO

O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria de data 26 de xaneiro de 2010, adoptou o acordo de aprobar as seguintes

BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA E ELECCIÓN DO XUÍZ DE PAZ TITULAR DO CONCELLO DE CEDEIRA

A convocatoria pública para cubrir a vacante de Xuíz de Paz titular axustarase ás seguintes bases:

Primeira.- As persoas que estean interesados/as no cargo que reúnan as condicións legalemente establecidas e non incorran nas causas de incompatiblidade previstas na Lei Orgánica do Poder Xudicial, presentarán no Rexistro deste Concello, solicitude por escrito no prazo dun mes, a partir do día seguinte á publicación do correspondente Edicto no Boletín Oficial da Provincia, acompañada dos seguintes do*****entos:

a) Fotocopia autenticada do D.N.I. ou certificado de nacemento.

b)Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria a que se refire o artigo 2.1 da Lei 68/1980, relativa a non estar inculpado nin procesado.

c) Xustificación de méritos que se aleguen.

d) Declaración responsable na que consten os seguintes extremos:

1. Que está en pleno exercicio dos seus dereitos civís.

2. Que é español, maior de idade, non está impedido física ou psíquicamente para a función xudicial e que vai a residir nesta localidade, salvo autorización da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza.

3. Que non está incurso en ningunha das causas de incapacidade, incompatibilidade ou prohibición previsata nos artigos 303 e 389 a 397 da Lei Orgánica 6/1985, do Poder Xudicial.

Ante as dúbidas que se susciten a Alcaldía poderá requerir a presentación de docmento idóneo que acredite os extremos anteriores, sen prexuízo da responsabilidade a que houbese lugar.

Segunda.- A presente convocatoria farase pública mediante edicto no Boletín Oficial da Provincia, taboleiro de anuncios deste Concello, taboleiro de anuncios do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ortigueira e taboleiro de anuncios do Xulgado de Paz desta localidade.

Terceira.- As solicitudes presentadas dentro do prazo establecido someteranse á consideración do Pleno do Concello na primeira sesión que celebre para a elección da persoa idónea de entre as interesadas co quórum da maioría absoluta.

No caso de non se presentar solicitudes, o Pleno elixirá libremente.

Cedeira, 3 de febreiro de 2010.

O ALCALDE,

Asdo.: Jose Luis Vergara Rey

Link: BOPONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - ANUNCIO" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos