AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 26 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Proseringa

PHP-NukeO vento, que en Cedeira sopra con máis intensidade que en ningún outro punto de Galicia, é o responsable de que a empresa Proseringa vaia a implantar na devandita localidade ferrolá a súa iniciativa para a produción de aeroxeradores de eixo vertical. A innovación tecnolóxica e a patente mundial serán responsabilidade da firma, mentres que a fabricación e comercialización a nivel internacional quedará en mans das industrias da zona.



Así, o asentamento de Proseringa suporá a creación de nove empregos de alta cualificación e estímase que a produción xerará, para a ou as empresas que se fagan cargo, outros douscentos postos de traballo. A iniciativa está entre as presentadas ás axudas de reindustrialización do Ministerio de Industria e solicitou tamén o apoio do Igape. Os seus responsables confían en contar con apoio das administracións e visitaron xa, de feito, o polígono empresarial da Trabe, en Cedeira, para localizar a parcela na que asentarían o seu centro de traballo.

O produto > Os aeroxeradores máis comúns son os de eixo horizontal, con hélices en plano vertical. Con todo, existen tamén os de eixo vertical, dos que se chegaron a comercializar escasos modelos, que ofrecen grandes vantaxes para o seu uso nun medio urbano. É a aposta de Proseringa: unha maquinaria sinxela e alcanzable que pode instalarse sobre un edificio de vivendas e xerar enerxía para o seu autoconsumo, sen ruído e sen impacto ecolóxico.

Segundo explica Manuel Pousada, enxeñeiro de Proseringa, trátase dunha tecnoloxía totalmente innovadora en España. Os prototipos que vai desenvolver a empresa terán unha potencia de até 100 kw e as súas dimensións serán como máximo de seis metros de altura por quince de diámetro.

?Por exemplo, un aeroxerador de 30 kw produciría enerxía para dez vivendas de tipo medio?, explica Pousada. A idea é que esta tecnoloxía se incorpore, como o fixeron xa os paneis solares, á paisaxe urbana das nosas cidades. ?Trátase dunha instalacións barata, de rápida amortización, e que ten un mantemento moi reducido?, comenta o enxeñeiro. Ademais do uso ?doméstico?, o aeroxerador de eixo vertical de Proseringa poderá ter outros usos, por exemplo en sistemas de extracción de auga de depósitos, para o abastecemento ordinario de poboacións ou a loita contraincencios.

A sinxeleza do sistema, no que Proseringa leva traballando xa máis de dez anos, fará fácil, tamén, a fase de produción. A firma ourensá encargarase de desenvolver a tecnoloxía e despois cobrará dereitos á industria que afronte a fabricación. A contorna empresarial de Ferrol e a súa capacidade para afrontar un proceso deste tipo foi outro dos factores que animou aos responsables da iniciativa a asentarse na zona.

Proseringa ten previsto executar neste ano un investimento superior aos 830.000 euros e estímase que a fase de produción, cando se xerarían os 200 postos de traballo inducidos, podería estar en marcha no prazo dun cinco anos.

A firma de San Cibrao das Viñas naceu fai máis de trinta anos e nese tempo desenvolveu proxectos innovadores nos ámbitos alimenticio, enerxético e da xestión de residuos tanto na zona de Ourense como na de Vigo. A posta en marcha do seu novo centro de traballo en Cedeira, no entanto, permitiralle afrontar unha das súas iniciativas máis ambiciosas.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Proseringa" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.23 Segundos