|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 57 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Ordenación do litoral á carta |
Cando a lexislatura leva andado xa dez meses e malia que a regulación
da costa era un compromiso de inminente cmprimento por parte do
Goberno, a Xunta presentou este luns publicamente o seu Plan de Ordenación do Litoral (POL).
Nun acto que tivo moito de escenografía e recursos publicitarios, o
presidente Alberto Núñez Feijoo deu o golpe definitivo á prohibición de
construír nos primeiros 500 metros da costa imposta polo bipartito.
Se ben o docmento se coñecerá máis polo miúdo nos vindeiros días, ante
alcaldes, responsábeis empresariais, construtores e diferentes cargos
políticos, Feijoo fixo fincapé na “vertixinosa evolución” que
experimentou a costa galega nas últimas décadas que “virou
profundamente a fisionomía do territorio”. Esta mudanza, que supuxo
unha “mellora integral para o conxunto do país” precisa, nas súas
palabras, unhas “regras de xogo” que impidan unha maior “fragmentación
territorial e paisaxística”, mais que non impida o mantemento e puxanza
da actividade económica vencellada ao litoral.
Nesa liña, rexeitou o límite que impedía construír a menos de 500 metros da costa asegurando que “non se trata de estabelecer unha liña continua”, que delimite “unha franxa homoxénea e arbitraria elaborada dende un despacho”. Na súa opinión, a nosa costa merece “atención especial ás peculiaridades de cada espazo”, xa que para a regulación do litoral “non valen uniformidades” e “as solucións ante supostos distintos non poden ser idénticas”.
Espazos protexidos Segundo explicou nun perfecto castelán o director xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, este Plan “define os criterios globais para a ordenación de usos do chan, regula as actividades e fixa os criterios xerais de protección do medio litoral”. No do*****ento ordénanse 212 mil hectáreas, das que 67 mil terán a consideración de “especial protección” e 46 mil rexeranse “segundo estritos criterios ambientais”. É dicir, nestes últimas “só se contemplan desenvolvementos conforme a estritos criterios ambientais e paisaxísticos”. Mentres, o resto (un 47% do total) que se sitúa detrás da fronte litoral serán obxecto de ordenación.
Defínense tres áreas diferenciadas: a área de protección, a áreas de mellora ambiental e paisaxística e a área de ordenación. No concreto, o do*****ento fixa obrigas para 2.100 quilómetros cadrados do territorio, o que na práctica supón o 7,2% da superficie de toda Galiza. Porén, desa totalidade, o POL só protexe por completo 650 metros cadrados (a área chamada de protección): 450 correspondentes a ámbitos de valor natural vencellados á costa ou á súa paisaxe e 200 no entorno dos ríos vistos como corredores naturais, “que dan continuidade á paisaxe”.
No caso da área de mellora ambiental e paisaxística, unha categoría pouco definida, encádranse 460 quilómetros. E finalmente, na área de ordenación atoparíanse outros 1000 quilómetros cadrados (100 mil hectáreas). Na práctica, toda esta superficie quedaría aberta á súa urbanización con algunha das figuras que estabelece a Lei do Solo. O propio conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández asegurou que “estas áreas son compatíbeis co crecemento urbanístico”, iso si, sempre “ordenado”, tal e como reiterou o presidente Feijoo.
Tramitación e prazos O Plan do Litoral comeza este luns o seu período de audiencia ás corporacións e organismos competentes, de xeito que grupos políticos, colectivos sociais e concellos o estuden e poidan facer as súas achegas para a ordenación dos 84 concellos costeiros. A previsión é que entre marzo e abril se elabore o do*****ento definitivo para a aprobación inicial. En maio a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicará a orde correspondente, que se someterá a información pública entre xuño e xullo. Segundo os prazos que manexa o Goberno, entre agosto e novembro estudaranse as alegacións e elaborarase o do*****ento para a aprobación provisional, para que finalmente en decembro se poida aprobar definitivamente.
Reiterando aquilo que xa dixera na presentación do avance do borrador deste Plan de Ordenación do Litoral, Feijoo asegurou que o obxectivo deste do*****ento é “regular; non prohibir”. Así mesmo manifestou a súa “vocación de consenso” de xeito que o proxecto resultante sexa “un novo instrumento para o desenvolvemento sostíbel do noso litoral” que ofreza “un marco xurídico estábel” para os vindeiros anos.
E mentres non se aprobe? Outra cuestión para a que aínda non hai resposta é que sucederá mentres non se *****pran estes prazos que, no mellor dos casos, non darán como resultado un do*****ento definitivo até finais de ano. O secretario executivo de Adega, Fins Eirexas, quen tamén presenciou a presentación do POL, adiantou que o colectivo ecoloxista pedirá que o Goberno "prorrogue un ano máis a moratoria da coñecida como lei dos 500 metros". Explicou que os concellos galegos "non *****priron cos seus deberes" ao non adaptar as súas normas a Lei do Solo (só o fixeron Vigo, Pobra do Caramiñal e Laxe), polo que "non se *****pre a primeira condición requirida para levantar a prohibición". En consecuencia, de non prorrogar a actual normativa, "en que situación quedará a nosa costa a partir do 17 de maio?", pregúntase Eirexas.
Xa sobre o texto en particular, preferiu non pronunciarse até coñecelo ao detalle. "Mentres o compromiso sexa de ordear o territorio dun xeito sostíbel, non temos nada que discutir", adiantou ao tempo que advertiu que o ecoloxismo "non permitirá que se dea nin un paso atrás con respecto á proteción recollida na norma actual", é dicir, a que impide construir nos 500 metros máis próximos á costa.
Link: VIONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Ordenación do litoral á carta" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|