NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 64 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 O Sergas asume os gastos de mantemento do centrosde saúde

PHP-NukeO Servizo Galego de Saúde, a través da Área Sanitaria de Ferrol, asumirá definitivamente os gastos de mantemento dos PAC dos concellos de Cerdido e Cedeira, tal e como estaba previsto. O director da Área Sanitaria, Luis Verde Remeseiro, entrevistouse onte cos alcaldes de Cedeira, José Luis Vergara, e Cerdido, Ana Rodríguez, para comunicarlles formalmente o que xa se anunciara tempo atrás neste periódico ( Diario de Ferrol ), que a Xunta asumirá os gastos de funcionamento dos centros de saúde destes concellos a partir do día 1 de xaneiro. No encontro concretáronse os pormenores do traspaso de competencias ao Sergas.


© Diario de Ferrol 2009


A través desta proposta vense a *****prir co plasmado no protocolo asinado entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que desenvolve o Pacto Local no eido sanitario, durante o goberno bipartito. Naquel entón chegouse ao acordo de que os concellos que así o estimasen poderían verse liberados de asumir os custos de funcionamento dos devantidos centros de saúde que son de titularidade municipal. O Concello de Cedeira foi un dos primeiros en tramitar a solicitude, xunto con outros concellos da comarca que xa teñen transferidas estas competencias. Así as cousas, desde o mes de xaneiro a administración autonómica responsabilizarase dos pagos de partidas como a electricidade, calefacción, auga e lixo, así como o mantemento e limpieza das instalacións sanitarias de Cerdido e Cedeira. Segundo informan desde a Área Sanitaria de Ferrol, os gastos dos dous centros supoñen un custo anual estimado que supera os 100.000 euros.No caso concreto do PAC de Cerdido, a alcaldesa, Ana Rodríguez, xa explicaba no mes de novembro que a cesión do centro sanitario ó Sergas era máis complicada que noutros concellos debido a que o consistorio e o PAC comparten caldeira. Unha cuestión que xa está resolta, debido a que a Xunta vén de investir 2.300 euros na instalación dun depósito de gasóleo independiente.A maior parte dos concellos da comarca que aínda non cederon os seus puntos de atención á Xunta están en trámite de delegar as cargas referidas ó mantemento. Así mesmo, desde a Área Sanitaria informase de que estes traspasos iranse facendo de xeito progresivo, segundo se vaian *****prindo unha serie de requisitos.Cedeira
O alcalde de Cedeira, José Luis Vergara, manifestaba onte a súa ledicia porque o proceso culminase de xeito positivo podendo evitar o custe do mantemento das instalacións sanitarias, que este ano superaron os 30.000 euros. Por outra banda, o rexedor socialista confirmaba que Luis Verde lle confirmou, durante a entrevista que tivo lugar onte no Arquitecto Marcide, que no 2011 a Xunta construirá un segundo Punto de Atención Continuada na vila, atendendo así ás peticións feitas desde a Alcaldía. Verde tamén lle adiantou que das dúas propostas feitas desde o Concello, que pasaban por ampliar instalacións utilizando dous edificios en desuso ou ben construir un novo, a administración autonómica decántase por construir un segundo PAC nun dos terreos facilitados polo goberno municipal, que se ubicaría nas inmediacións do IES, segundo confirmou Vergara. Así mesmo, Verde adiantoulle ó alcalde que para facer esta obra xa hai unha partida presupostada nos orzamentos de 2011 de 2,5 millóns de euros.
Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"O Sergas asume os gastos de mantemento do centrosde saúde" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos