- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 52 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A Xunta aproba as medidas de xestión que imperarán na reserva mari

PHP-NukeA Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, vén de aprobar as medidas de xestión para o ámbito da reserva mariña cedeiresa. O docmento, que conta co preceptivo informe favorable do órgano de xestión, seguimento e control da área, busca preservar e rexenerar os recursos pesqueiros, tal e como lembran desde a Xunta de Galicia.


O Decreto 28/2009, do 29 de xaneiro, polo que se creou a reserva definiu os elementos esenciais que determinan o funcionamento da mesma como unha ferramenta de xestión dos recursos. O texto, aprobouno a Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, e marca as normas de uso e xestión do espazo. Talas prácticas quedarán reguladas no Plan de Xestión Integral que, tal e como establece o artigo 7° do referido decreto, deberá ser aprobado pola Consellería do Mar no prazo máximo de 18 meses contados a partir da entrada en vigor do docmento legal.

No texto tamén se establece que poderán faenar no ámbito da reserva as embarcacións profesionais (cun arqueo inferior aos 1,5 GT, salvo excepcións) coas artes e aparellos tradicionalmente empregados na zona, excepto o enmalle, que non está autorizado dentro da área protexida denominada ZEP II (Zona de Especial Protección).

O equipo de seguimento científico advertiu que a actividade pesqueira con artes de enmalle dentro deste espazo “pode ter efectos negativos polo seu alto valor ecolóxico, a súa importancia como corredor migratorio de especies de interese pesqueiro e pola súa riqueza en canto a existencia de hábitas e comunidades biolóxicas importantes.

Tamaño das capturas

Como é lóxico, dentro da reserva mariña o tamaño das especies será maior que noutras zonas debido á propia natureza deste espazo protexido. Así, segundo as medidas de xestión aprobadas pola Xunta, a talla mínima da nécora será de 6 centímetros, sendo a cota máxima da captura de 8 quilos por tripulante a bordo e día e outros tantos quilos por embarcacións ao día. Non está autorizada á captura de nécora na zona coñecida como “A Zanqueira”, por ser un lugar importante para a cría.

En canto ao polbo, que se pode pescar en toda a reserva salvo nas zonas ZEP e no espazo portuario, o peso mínimo no ámbito da reserva é de 1,5 quilos. O camarón, pódese coller no mesmo ámbito que o polbo, sendo a talla mínima de 3 centrímetros.

A xiba ou choco, que se obtén coa arte do trasmallo, deberá ter un tamaño superior a 8 cm, permitíndose ata 20 pezas por barco e outras 10 por tripulante e día. No caso dos peixes planos (rodaballo, linguado e acedía), a arte autorizada é a mesma que para a xiba, coas mesmas dimensións. Por outra banda, o tamaño mínimo para a centola é de 14 centímetros.

A resolución establece que o tamaño mínimo do congro sexa de 100 cm. (42 máis que os establecido no resto da comunidade galega) e da maragota de 22.Tamén se limita o horario para a pesca marítima de lecer en superficie, estando prohibido dúas horas antes e despois da baixamar.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"A Xunta aproba as medidas de xestión que imperarán na reserva mari" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos