- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 32 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 VAC Costa Norte

PHP-NukeO conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infaestruturas, Agustín Hernández, visitará esta mañá as obras da Variante de Ortigueira e entrevistarase cos alcaldes dos municipios da comarca e Lugo polos que discorrerá a Vía de Alta Capacidade. Deste xeito, o máximo responsable da área de infraestruturas da Xunta accede ás pretensións manifestadas a semana pasada polos rexedores dos concellos afectados nunha reunión que se celebrou en Cerdido o día 26 de novembro, na que solicitaron unha entrevista urxente con el nalgún dos municipios afectados, tras coñecer que as pretensións da Xunta con respecto a esta infraestrutura pasan por atrasar a súa apertura até o 2017.

Deste xeito, o titular de Medio Ambiente desprazarase durante a mañá de hoxe a Ortigueira, onde visitará as obras da Variante, xa en proceso e que estarán finalizadas en 2011. Posteriormente trasladarase ao consistorio ortegano onde se producirá o encontro cos rexedores. Na reunión tamén estarán presentes os delegados rexionais da Coruña e Lugo, Diego Calvo e Raquel Arias, respectivamente.

Os alcaldes que foron convocados a este encuenro son o de Ortigueira, Neda, Narón, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Cariño, Mañón, O Vicedo, Viveiro e Xove.

Destacan as ausencias do rexedor de Cervo e dos de Cedeira e Ferrol, José Luís Vergara e Vicente Irisarri. No caso concreto do alcalde cedeirense a súa ausencia é máis rechamante xa que a vía pasará por Campo do Hospital, que pertence a Cedeira e a Cerdido. No entanto, aínda que esta infraestrutura non discorra por algúns municipios da comarca dependen igualmente dela practicamente todos os de Ferrol, Eume e Ortegal.

Preguntados por este asunto, desde a Xunta de Galicia aseguraron a este xornal ( Diario de Ferrol ) que se convocou a todos os alcaldes daqueles municipios polos que discorrerá a Vía de Alta Capacidade, desde o concello de Neda até a provincia de Lugo.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"VAC Costa Norte" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos