AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 60 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Centro de datos equipado coas máis modernas tecnoloxías

PHP-NukeO conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, presentou hoxe o Centro de Difusión de Datos que a Xunta habilitou no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago con motivo das Eleccións ao Parlamento de Galicia. O Centro de Difusión de Datos de Santiago é o principal dos cinco existentes (os outros catro están situados na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra). Consta de 2.000 m2 dotados de moderna tecnoloxía destinada á difusión dos resultados do escrutinio. Dende el realizaranse as roldas de prensa durante a xornada electoral, que poderán seguirse en directo e en diferido dende a web de resultados (http://resultadoseleccions.xunta.es), onde tamén se poderán consultar en tempo real os avances da participación e reconto provisional.

Nel poderase seguir con detalle a evolución do escrutinio de cada un dos concellos de Galicia, de forma simultánea, a través dun muro multimedia de 13,5 metros de longo por 6 de largo. Este conta con 320 monitores que forman un panel audiovisual onde se proxectarán os resultados de cada municipio e outra información de interese. O Centro contará cunha zona de prensa –habilitada cos espazos e medios que os xornalistas precisan para realizar o seu traballo- e outra para invitados, cunha pantalla LED de gran formato para a difusión dos resultados electorais e roldas de prensa; terminais interactivos de consulta; e pantallas de TV para seguir o desenvolvemento da xornada. Así, para facilitar o labor dos medios de comunicación que traballen no Palacio de Congresos poranse á súa disposición terminais interactivos de consulta e subministración das sinais institucionais de audio e vídeo para o seguimento de roldas de prensa. Ao longo da xornada, o conselleiro de Presidencia ofrecerá catro roldas de prensa para informar sobre as distintas fases da xornada electoral:
-A partir das 10.30 h., sobre a apertura das mesas electorais e información das posibles incidencias que puideran xurdir ata o momento.
-Arredor das 12.30 h., haberá un primeiro avance de datos de participación ás Eleccións ao Parlamento de Galicia.
-A partir 17.30 h., realizarase un segundo avance da participación nas urnas.
-Ás 20.30 h. (totalmente aberta a posibles modificacións) ofreceranse datos sobre o estado do escrutinio. Estes horarios son estimativos, xa que dependerán da velocidade á que se reciban os datos.

Principais novidades no proceso electoral

Neste proceso electoral téñense producido novidades salientables, como:
-Por primeira vez nunhas eleccións galegas transmitiranse os resultados preliminares do escrutinio a través de tecnoloxía PDA dende a propia mesa electoral.
-s cidadáns poderán coñecer os resultados preliminares a través de SMS, accedendo directamente á información dende os seus teléfonos móbiles.
-Tense utilizado o sistema e-learning para a formación de representantes da Administración.
-Contarase con dous Centros de Recollida de Datos (CRD), medida que garante a fiabilidade do proceso de reconto. Así mesmo, instalaranse un maior número de centros de difusión, situados en Santiago e nas capitais de provincia. No caso do centro de difusión de Santiago realizarase un despregamento de medios tecnolóxicos que inclúe, entre outros, a instalación dun panel institucional cun monitor por cada concello.
-A Xunta facilitará o voto para persoas con discapacidade visual a través do voto en braille. Con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia están convocados ás urnas un total de 2.646.872 galegos, dos cales 2.311.515 (un 87,3%) residen en Galicia e 335.357 (12,7%) forman parte do Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA). Votarase nos 315 municipios galegos, contabilizando 614 distritos e 4.140 mesas electorais, distribuídas entre 2.565 locais. Para consultar os datos do proceso electoral prema aquí Para as eleccións Imprimiranse 45 millóns de papeletas e 3.700.000 sobres de votación. Faranse dous avances de participación, ás 12.00 e ás 17.00 h., e durante toda a xornada electoral difundirase por Internet a información provisional e as notas de prensa.

Transmisión de datos mediante PDAs e SMS

Por primeira vez en Galicia utilizaranse PDAs para a transmisión de datos dende as mesas dos colexios electorais aos centros de recepción. O uso destes dispositivos axiliza o proceso e reduce o risco de erro humano ao automatizarse o envío. No caso de darse algún erro de cadre de datos, a PDA detéctao e obriga á súa corrección antes de realizar a transmisión. En total, utilizaranse máis de 1.800 PDAs que se distribuirán entre os municipios de máis de 24.000 habitantes –os cales contarán cun dispositivo por mesa- e os concellos dinamizadores do Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia 2007-2010 -que terán unha axenda electrónica por colexio electoral. Doutra banda, os cidadáns poderán subscribirse a un servizo de aviso SMS polo cal o 1 de marzo recibirán no seu móbil información dos resultados electorais obtidos ao chegar a certos niveis do escrutinio. Ademais, os galegos tamén poderán acceder por primeira vez dende unha PDA ou Blackberry ao reconto de votos en tempo real. Os datos enviaranse nos seguintes momentos da xornada electoral: na constitución das mesas electorais; no reconto de participación ata as 12.00 h.; no reconto ata 17.00 h.; e ao acadar o 25%, 50%, 75% e 100% escrutado. Os sms remitidos conterán información relacionada coa porcentaxe de escrutinio, porcentaxe de abstención e número de cargos obtidos por cada candidatura. Presentaranse en formato sinxelo e de fácil lectura e o seu custo será o dunha mensaxe de móbil ordinaria, en función de operador empregado e sen ningún tipo de cargo adicional. Os cidadáns xa poden darse de alta no servizo a través das seguintes mensaxes de texto: ELEC ALTAGA ao 7743 Para subscribirse a Galicia
ELEC ALTAAC ao 7743 para A Coruña:
ELEC ALTALU ao 7743 para Lugo
ELEC ALTAOU ao 7743 para Ourense
ELEC ALTAPO ao 7743 para Pontevedra

60 medios de comunicación acreditados

Para a cobertura das Eleccións ao Parlamento de Galicia hai acreditados un total de 60 medios de comunicación. Ademais, segundo explicou esta mañá o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, haberá representantes doutras comunidades autónomas e doutros paises, como Colombia e México, que veñen a coñecer de preto o funcionamento do Centro de Difusión de Datos. Para consultar o dossier das eleccións ao Parlamento de Galicia 2009 prema aquí.
Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Centro de datos equipado coas máis modernas tecnoloxías" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.32 Segundos