manuel r. doval (*)
É un feito constatado que desde hai tempo estáse a desenvolver unha política neoliberal que amenaza á sanidade pública, transladando o que ten que ser un servizo universal - asumido e financiado polas institucións públicas - ao ámbito da iniciativa privada e tentando transformar a saúde nunha sorte de
mercadoría deixada aos criterios dos grandes grupos financieiros, laboratorios farmacéuticos, etc....
Estamos sen dúbida nun proceso de mercantilización da sanidade que xenera desigualdades, reduceasistencia aos sectores máis necesitados e mesmo dispara o gasto sanitario. Hai poucos dias e, ao fio da presentación do proxecto de Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano, facíase púbrica a intención do goberno do PP de recorrer á iniciativa privada para a construción de varios centros de saúde -entre os que figuran A Capela, Ares, Cedeira e Narón- pendentes de executar en diversos concellos de Galiza, cunha previsión de investimento total de 115.865.156 euros dos que só unha pequena parte figuran para o 2010 e o resto para o 2011 e seguintes como (sic) “previsión de inversións realizadas coa colaboración público-privada para a lexislatura”..
Como se pode ver, unha mistura de política-ficción e fraude: nen existen inversións “realizadas” nen hai garante algún da “colaboración público- privada”. Pero imos ao fondo do asunto. A introducción do capital privado dentro do sistema sanitario - ensaiado noutras épocas polo PP coas Fundacións Sanitarias - supón un novo paso na deixadez de responsabilidades do novo goberno galego tocante ao mantemento e mellora dos servizos públicos básicos e universais; con medidas que tenden -coma no presente caso- á privatización, cando non ao progresivo desmantelamento. Unha política que, como é público e notorio, ven demostrándose nefasta nos seus resultados sociais e tamén económicos naquelas zonas do estado onde xá se ten implantado.
(*) Manuel R. Dova é responsábel municipal do BNG de Ferrolterra
Link:http://www.bng-cedeira.org