|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 64 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Portos VS Alcaldía |
O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, remitirá un escrito a Portos de Galicia para expresar o seu desacordo e malestar cunha decisión tomada desde esta administración dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que vén reducir máis da metade unha partida comprometida polo ex titular do ente, Jacinto Parga.
Segundo explicou o rexedor cedeirense, o departamento que dirixe José Manuel Álvarez Campá decidiu modificar un acordo xa existente coa referida administración, que estaba valorado en 60.000 euros. O proxecto redactado polo equipo de Parga contemplaba varias intervencións nos xardíns de entrada ao porto. Unha área que, como se lembrará, resultou moi danada tras o paso do furacán "Klaus" o pasado 23 de xaneiro, motivo polo cal Portos decidiu investir a referida cantidade.
As previsións da nova administración presidida por Álvarez Campá pasan por reducir até os 20.000 euros a partida inicial e acometer unha mellora a menor escala.
De feito, tal e como explicou o rexedor municipal, a intervención inicial contemplaba obras para mellorar o axardinamento, dotar á área dun sistema de rega adecuada e iluminación e limpar o noiro de substrato de roca baixo o cal se sitúa a área de recreo.
Coa redución orzamentaria prevista pola Xunta de 40.000 euros deberá deixarse para outra ocasión o sistema de rega, a iluminación e a limpeza do noiro, tal e como explicou José Luís Vergara.
A forza do furacán "Klaus" arrasou as árbores da zona convertendo o espazo nun bulleiral que aínda hoxe presenta un pésimo estado de conservación.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Portos VS Alcaldía" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|