AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 31 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A votación | O escrutinio |

PHP-NukeO escrutinio de resultados realízase da seguinte forma: 1) EXTRAER O SOBRE DA URNA ABERTA E LER A PAPELETA Logo de abrir a urna, o/a presidente/a sacará, un a un, os sobres da urna, abriraos e lerá en voz alta o nome da candidatura votada. Os sobres abertos hanse de conservar para o seu reconto posterior. Ao examinar os sobres e as papeletas, ademais de votos válidos a candidaturas, poderán encontrarse casos de:
  • votos en branco e
  • votos nulos
Estas dúas categorías han de terse en conta para os efectos de reconto e determinación do resultado da votación. Son VOTOS EN BRANCO:
  • os sobres que non conteñan papeletas.
Son VOTOS NULOS:
  • os que se emiten en sobres ou papeletas diferentes do modelo oficial.
  • as papeletas sen sobre.
  • os sobres que conteñan máis dunha papeleta de distintas candidaturas (se se inclúen varias papeletas da mesma candidatura cóntase como un só voto válido).
  • os que se emiten en sobres alterados.
  • os que se emiten en papeletas que no momento da apertura do sobre presenten calquera tipo de alteración, ben porque se modificase, engadise, sinalase, ou riscase o nome dun candidato ou a denominación, siglas ou símbolo da candidatura, ou alterado a orde da candidatura, ben porque se inclúan aspas, cruces, raias, expresións ou lemas no anverso e reverso da papeleta, ou porque a papeleta estea rota ou rachada (Instrución 12/2007, do 25 de outubro, da Xunta Electoral Central, sobre a interpretación do punto 2 do artigo 96 da LOREX, relativo ás alteracións nas papeletas de votación invalidantes do voto emitido polo/a elector).
2) ENSINAR A PAPELETA AOS/ÁS VOGAIS, INTERVENTORES/AS E APODERADOS/AS O/a presidente/a mostrará cada papeleta, unha vez lida, aos/ás vogais, interventores/as e apoderados/as. Se algún notario/a, candidato/a ou representante de candidatura, presente no acto de escrutinio, tivese dúbidas sobre o contido dunha papeleta, poderá pedila para o seu exame ante os membros da mesa. 3) COMPROBAR QUE O NÚMERO DE SOBRES COINCIDE CO DE VOTANTES ANOTADOS/AS NA LISTA NUMERADA DE VOTANTES Terminado o escrutinio ha de comprobarse que o número de sobres extraídos da urna coincide co de electores/as que votasen (anotados na lista numerada de votantes). A lista numerada de votantes incluirá os/as votantes que achegasen a certificación específica de alta no censo da mesa. Estas persoas en principio, no estaban incluídas na lista do censo que manexa a mesa pero terán votado tamén na mesa ao teren achegado a citada certificación específica de alta. 4) RESOLVER AS RECLAMACIÓNS E PROTESTAS CONTRA O ESCRUTINIO O/a presidente/a preguntará se hai algunha protesta que facer contra o escrutinio. Se se presenta algunha protesta ou reclamación contra o escrutinio, resolveraa a mesa por maioría dos seus membros. 5) DESTRUÍR AS PAPELETAS DE VOTACIÓN As papeletas destruiranse en presenza dos/as asistentes. Non obstante, NON DEBEN DESTRUÍRSE as seguintes papeletas:
  • aquelas ás que se lle negase validez: VOTOS NULOS.
  • aquelas que foran obxecto dalgunha reclamación.
Coas papeletas que non se destrúan debe facerse o seguinte:
  • os membros da mesa poñerán a súa sinatura nelas,
  • uniranse á acta de sesión (unha vez que se redacte, ao finalizar o escrutinio) e
  • incluiranse no sobre núm. 1.


Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"A votación | O escrutinio |" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos