NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 42 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Pleno Congreso: luz verde á moción do BNG

PHP-NukeO Pleno do Congreso dos Deputados aprobou este mediodía a moción da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, que insta ao Goberno a pagar, de forma urxente, as axudas pendentes aos mariñeiros afectados polos paros biolóxicos estipulados para o pasado ano 2008. Aínda non cobraron os mariñeiros de pescada norte (NEAFC), pescada sur e cigala, e a frota de NAFO.

A sesión plenaria de hoxe debatía unha moción da autoría de Davila sobre este tema. En aras ao acordo, a deputada do BNG aceitou transaccionar un texto final co grupo socialista xa que incluía as principais demandas dos nacionalistas galegos.

O acordo pede ao Executivo que se aceleren os pagos polos paros realizados ou a realizar neste ano 2009 xa que, lembrou Davila, parte da frota de Nafo recibiu as axudas en outubro deste ano cando estamos a falar de paros realizados en 2008, un ano máis tarde. “Queremos que se aceleren as axudas de 2009 e que non se repita o acontecido cos paros do pasado ano”.

O acordo insta ao Goberno a mellorar as tramitacións administrativas para acelerar o pago das axudas e evitar os retrasos de 2008

A parlamentar do BNG salientou especialmente o punto que empraza ao Goberno a mellorar os mecanismos administrativos para acelerar a tramitación das subvencións a fin de evitar as demoras rexistradas no caso anterior. Explicou que esta situación se debe “á engorrosa e dificultosa tramitación recollida nas Ordes Ministeriais. Esta circunstancia fai que os mariñeiros vaian ao seguro de desemprego, e o problema xurde cando queren cobrar as axudas do Fondo Europeo de Pesca e resulta que antes teñen que devolver o importe íntegro cobrado no paro”.

A deputada do BNG puxo de manifesto o sinsentido disto xa que o normal sería que “se lles descontase das axudas europeas o paro recibido en lugar de devolver todo antes”. Argumentou a importanza de que os mariñeiros reciban as axudas do Fondo Europeo de Pesca, primeiro porque “son máis altas” e en segundo lugar, porque se corresponden con fondos da UE e non con fondos da Seguridade Social, caso do paro”.

De aí que o acordo inste ao Goberno a “habilitar un sistema que permita coordenar a axuda pagada aos tripulantes polo Instituto Social da Mariña (ISM) co desconto no percibido en concepto de prestación por desemprego”.

Xunta co sector antes de fin de ano

Nun último punto, emprázase ao Executivo a acordar canto antes unha xunta co sector pesqueiro a fin de buscar acordos sobre a xestións das axudas. Neste sentido, a deputada do BNG recalcou que o Goberno debe reunirse co sector antes de rematar o ano e resolver así os problemas pendentes.

Link: BNG



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Pleno Congreso: luz verde á moción do BNG" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.36 Segundos