- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 52 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Por "se o acosan os escopeteiros"

PHP-NukeO colectivo 'Matar por Matar, Non', ante a "continua infracción das leis" que regulamentan a caza, "poñendo en perigo a terceiras persoas", decidiu aclarar algunhas das dúbidas máis comúns que poidan ter "algúns cazadores" por falta de información ou por ignorancia da lexislación. Salientamos algunhas das que publican na súa web.

Distancias ás zonas de seguridade onde non se pode cazar

    * 50 metros das estradas, pistas e camiños. Deben disparar, sempre, de costas á zona de referencia.

    * 100 metros de lugares habitados, contados desde a edificación máis afastada.

    * 250 metros das concentracións de persoas ou animais.


Coches nos montes

    * De non constar autorización expresa, está prohibida a circulación de vehículos fóra das pistas asfaltadas e sinalizadas.


Onde se pode cazar?

    * Coutos de caza (mínimo de 500 hectáreas)

    * Tecores (mínimo de 2.000 hectáreas) Lugares delimitados e adxudicados a unha sociedade de cazadores, que deben coidar (levar control das especies e individuos e alimentalos).

    * Terreos Cinexético Deportivos


Onde non se pode cazar?

    * Zonas de seguridade (lugares polos que circulan persoas)

    * Refuxios de fauna (zonas vedadas á caza dentro dun couto ou tecor)


Sinalizacións

    * Tanto os refuxios de fauna situados dentro dos coutos, como os propios coutos e o resto de zonas de caza, deben estar sinalizados, mais non teñen por que estar valados.

    * A manipulación ou destrución de sinalizacións está considerada como unha infracción grave.


Uso polos cazadores de propiedades privadas doutros

    * A Lei de Caza, que 'Matar por Matar, Non' traballa para modificar, permíteo se os cazadores presentan a autorización asinada dun 75% dos propietarios, para facer un couto ou tecor.

    * As autorizacións son dun mínimo de cinco anos anos e un máximo de 25 anos (até hai pouco non podía superar os 15).

    * Os propietarios que non asinen, dentro do 25% restante, inclúense automaticamente logo de dous meses de que se informe por anuncio público. Se o anuncio non se ve, as terras "incáutanse" igualmente, e só fica a segregación.


Segregar leiras dun tecor

    * Todo o que hai nunha leira en propiedade, incluídos os animais que nela viven, é do propietario.

    * Se a leira forma parte dun couto, pódese segregar e esta pasará a ser un Refuxio de fauna.

    * Ninguén pode cazar nin entrar con armas dentro dun Refuxio de fauna.


Cobrar por cazar

    * Se non se quere segregar, pódese exixir un pago polo uso das leiras. Nalgunhas zonas do Estado é unha importante fonte de ingresos que ademais permite que as fincas estean coidadas e que se repoña e se críe caza.



Desde 'Matar por Matar, Non' ofrecen un último consello práctico "para librarse do perigo, do lixo abandonado e da presenza molesta destes 'deportistas'", que -aseguran- "está a ser utilizado, con éxito en diversos lugares".

"Polo prezo de 20 euros a ducia, poden adquirir, en calquera pirotecnia, foguetes de tres explosións que, repartidos axeitadamente en número de tres cada día, ocasionarán que os animais se refuxien nos seus tobos", afirman.

E engaden: "Teñen o efecto complementario de crear nos animais un reflexo condicionado que, co tempo e ao escoitaren o primeiro foguete do día, xa saberán que eses días hai cazadores no monte e gardaranse moito de saíren á superficie".

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Por "se o acosan os escopeteiros"" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos