AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 42 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Pena de dez meses e medio de prisión

PHP-NukeO acusado Alejandro B.S. deu a súa aceptación onte a unha sentenza de conformidade pola que se lle impón a pena de dez meses e quince días de prisión como autor dun delito de roubo con forza nunha casa habitada. Inicialmente, o fiscal solicitaba unha pena maior, pero tivéronse en conta as circunstancias atenuantes de reparación do dano e de drogodependencia.

Os feitos aos que se refire esta causa ocorreron o 8 de marzo de 2008, cando o acusado, tras violentar unha xanela do patio de luces, accedeu a unha vivenda situada na avenida de Castelao de Cedeira.

Unha vez dentro, apoderouse dunha medalla grande de ouro, outra mediana, uns pendentes de ouro e brillantes, unha pulseira, unha cadea grosa, un calabrote e dous aneis. O total das xoias roubadas ascendía a 2.663 euros, pero tamén se apropiou dunha cámara de fotos Olympus e un aparello reprodutor de MP da marca Sing.

O acusado ocasionou danos na xanela, na que inutilizó o seguro de peche. Os danos foron taxados en 168,22 euros.

Este mesmo imputado tiña fixado para onte outro xuízo que tivo que suspenderse por mor da incomparecencia da suposta vítima. Esta causa refírese a uns feitos ocorridos na madrugada do 17 de marzo de 2006 nas inmediacións do pub Quercus, sito na avenida de España de Cedeira.

Segundo o Ministerio Fiscal, nun momento dado, o acusado, Alejandro B.S., dirixiuse ás cabinas telefónicas nas que se atopaban outro mozo e a súa ex muller, iniciando con ambos unha discusión na que o imputado, golpeou cunha pedra na cabeza ao outro individuo. Supostamente, causoulle unha ferida contusa na rexión interparietal, para cuxa curación precisou a aplicación de tres puntos de sutura. O fiscal impútalle un delito de lesións con instrumento perigoso e pide que se lle impoña a pena de tres anos de prisión e o pago de 1.000 euros.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Pena de dez meses e medio de prisión" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.30 Segundos