|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 32 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| O BNG sobe en estimación de voto |
O BNG gañaría catro décimas en estimación de voto no último mes. Así o asegura o estudo elaborado polo xornal español Público, que analiza o retroceso ou avance das diferentes forzas políticas do Estado Español.
Mentres
retroceden os grandes partidos estatais como o PP e o PSOE, as forzas
hoxe minoritarias nas cámaras de representación españolas experimentan
un destacábel aumento de apoio. Así, CIU gaña un punto, pasando de 2,2%
a 3,2% en estimación de voto. Tamén soben, aínda que en menor medida,
ERC (que gaña tres décimas) e o PNV (que gañe outras seis).
Pola súa parte, o BNG rexistraría un incremento na estimación de
voto situándose no 1,4% (por enriba de ERC e á par co PNV). Os
nacionalistas galegos acadarían a cota máis elevada no último ano,
conseguindo unha remontada de até nove décimas nos oito últimos meses
(no pasado mes de marzo rexistraba a estimación de voto máis baixa do
último ano, cun 0,5%.
Mentres, confírmase unha tendencia á alza
de Esquerda Unida (que chega até o 4,7% subindo tres décimas) e de UPyD
(que se estabiliza no 5,3% e gaña unha décima con respecto a outubro).
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"O BNG sobe en estimación de voto" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|