- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 52 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Convocatoria para a formación urxente dunha bolsa de traballo

PHP-NukeConvocatoria para a formación urxente dunha bolsa de traballo para realizar nomeamentos interinos en postos da escala de administración xeral subescala administrativa

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. O obxecto da convocatoria é a formación dunha bolsa de traballo para realizar nomeamentos interinos nos postos de traballo de da escala de administración xeral subescala administrativa.

3.- DURACIÓN DOS CHAMAMENTOS.- Segundo se estableza en cada nomeamento de conformidade coas necesidades do Concello de Cedeira de acordo co artigo 10 do Estatuto Básico do Empregado Público, Lei 7/2007.

4.- SISTEMA DE PROVISIÓN.- Concurso-Oposición.

5.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.- Os aspirantes para participar nas probas, deberán reuni-los seguintes requisitos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes:



a) Ser de nacionalidade española, nacional dun Estado membro da Unión Europea, conxugue dun español ou dun nacional dun Estado membro da Unión Europea non separado de dereito, ou extranxeiro con residencial legal en España.

b) Ter cmpridos 16 anos de idade.

c) Estar en posesión do título de Bacharelato, FPII ou equivalente, ou en condicións de obtelo na data en que remata o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida ou sexa incompatible co normal desempeño das funcións ou tarefas correspondentes a un posto de Administrativo.

e) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, das Comunidades Autónomas ou das Entidades Locais, nin inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea ou dos daquelas que teñan subscritos Tratados referentes á libre circulación coa Unión Europea ratificados por España, deberán acreditar de modo fidedigno non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan no seu Estado o acceso á función pública.

Os anteriores requisitos, así como os específicos que se esixan, se é o caso, para cada unha das prazas, deberanse reunir con referencia ó último día do prazo de presentación de solicitudes, e gozar deles ata a toma de posesión, e será nulo o nomeamento dos aspirantes que estean incursos en causas de incapacidade segundo a normativa vixente.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse polo menos ata a data de formalización do contrato.

8.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- Presentaranse no Rexistro Xeral de Entrada de Docmentos do Concello durante o prazo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte da publicación de anuncio da convocatoria no BOP e no taboleiro de anuncios, e na páxina web do Concello de Cedeira.

As solicitudes presentaranse en modelo de instancia que se facilitará nas oficinas municipais e irán acompañadas de fotocopia do D.N.I., de fotocopia do carné de conducir, e de copia compulsada dos méritos que se aleguen.

9.- COMISIÓN SELECCIONADORA.- A Comisión seleccionadora estará composta por un presidente, un secretario e tres vocais nomeados por Resolución de Alcaldía de conformidade con artigo 60 da Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público.

10.- CRITERIOS DE SELECCIÓN.

FASE DE CONCURSO: 2 PUNTOS

Experiencia profesional en postos de funcións iguais ou similares (máximo 2 puntos): Por cada seis meses ou fracción: 0,5 puntos (debe acreditarse mediante certificación administrativa que sinale o posto de traballo como funcionario ou persoal laboral desempeñado). Valorarase como experiencia profesional atendendo exclusivamente ao tempo traballado con independencia da xornada laboral exercida segundo o contrato, deste xeito puntuará o mesmo a media xornada que a xornada completa.

FASE DE OPOSICIÓN 10 PUNTOS:

A fase de oposición consistirá na realización dun único exercicio:

Consistirá na realización dun test de 50 preguntas con respostas alternativas, no tempo máximo de 45 minutos sobre o contido do programa especificado no anexo da convocatoria. O exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos

11.- FORMACIÓN DE BOLSA DE TRABALLO.

Cos aspirantes aprobados formarase unha bolsa de traballo segundo o orde de puntuación obtida para nomeamentos interinos en postos de traballo de contido equivalente de acordo coas seguintes normas :

11-1.-Os chamamentos aos aspirantes.

Os chamamentos faranse polo medio máis urxente que permita ter a constancia da súa recepción.

Nos supostos nos que a necesidade de cobertura dun posto non fose previsible coa antelación suficiente ou polas circunstancias concorrentes no proceso de chamamentos debidamente acreditadas, fose necesario a súa cobertura de xeito urxente para evitar graves prexuízos no funcionamento e/ou prestación do servizo público, o chamamento poderá realizarse telefonicamente. Neste suposto, a/o funcionaria/o que as realice fará constar mediante dilixencia a súa realización, e se tiveron ou non resposta.

11.2.-Suspensión dos chamamentos.

1. De oficio.

A aceptación dun chamamento suporá a suspensión dos chamamentos ata que cese o primeiro nomeamento.

2. Por solicitude do/a interesado/a.

Os integrantes da bolsa de traballo que non se atopen prestando servizos poderán solicitar a suspensión das citacións mediante solicitude para o efecto formulada.

A dita solicitude, que será irrenunciable, terá efectos suspensivos nas citacións. Os seus efectos produciranse desde o décimo día natural seguinte contado desde a presentación da solicitude de suspensión no rexistro do órgano competente. O tempo de duración desta, a elección da/o interesada/o, será de dous, seis ou doce meses computados desde a data de efectos da suspensión.

11.3.- Mellora

No caso de que algún integrante da bolsa de traballo estivera contratado ou nomeado como funcionario e fora a realizarse un novo chamamento que obxectivamente poda considerarse como de mais longa duración ou de maior xornada poderá solicitar ser contratado ou nomeado con preferencia aos seguintes na lista. O órgano competente o acordará sempre que non supoña menoscabo para o servizo.

11.4.-Situación na Bolsa de Traballo.

1. Os integrantes da bolsa de traballo non perderán a orde de prelación que en cada momento lles corresponda, de tal maneira que se o nomeamento para a que son chamados finaliza, retornarán ao posto que novamente lles corresponda na lista.

2. Os integrantes da Bolsa de Traballo que, sendo convocados para facer efectiva a contratación ou nomeamento segundo o disposto na base novena, non se presentaran ou renunciaran a esta, perderán os seus dereitos quedando excluídos da lista por un ano, debendo solicitar de novo a súa inscrición unha vez transcorrido o dito prazo. Entenderanse como causa xustificada para non responder ao chamamento que o interesado esteña desempeñando outro traballo público ou privado.

A mesma consecuencia terá a renuncia na continuidade no desempeño dun posto de traballo.

11.5.- Nomeamentos e Cesamentos.

Poderán conferirse nomeamentos interinos para o desempeño de postos de traballo que encóntrense vacantes ou non vacantes. Neste último caso será causa suficiente a situación de ILT ou vacacións do seu titular.

Previo ao nomeamento deberá solicitarse informe de existencia de crédito á Intervención Municipal.

Unha vez comparecera o aspirante chamado segundo o orde da Bolsa de Traballo, o Sr. Alcalde por Resolución procederá ao seu nomeamento para o desempeño do posto de traballo correspondente.

O cese produciráse por Resolución da Alcaldía cando aconteza algunha das causas recollidas no artigo 5.2 da ley de funcionarios civiles del estado (D 315/1964).

11.6- Extinción da Bolsa de Traballo.

A bolsa de traballo formada como consecuencia do proceso selectivo que regulan estas bases extinguirase cando se aprobe a resultante do proceso selectivo correspondente a OEP 2009.

12.- PUBLICIDADE.- A publicidade de tódolos actos relativos a este procedemento farase mediante Edictos que se expoñerán no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello.

13.- RÉXIME XURÍDICO APLICABLE.- En todo o non previsto expresamente nas presentes bases, serán de aplicación as Bases Xerais para a contratación de persoal laboral temporal do Concello de Cedeira, aprobadas na sesión plenaria do día 17 de abril de 1997, e publicadas no Boletín Oficial da Provincia número 110, de 15 de maio de 1997, o Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público, o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aprobou o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración do Estado, e o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos do procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local, a Lei 30/1992, de 26 de xuño, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

ANEXO I

1. A Constitución Española de 1978. Estructura e contido esencial. Procedemento de reforma.

2.Os principios constitucionais: O Estado social e democrático de Dereito. Os valores superiores na Constitución española.

3. Os dereitos e deberes fundamentais. A protección e suspensión dos dereitos fundamentais. Protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa.

4.As Cortes Xerais. Composición e funcións. Regulamentación e funcionamento das Cámaras: Os regulamentos parlamentarios. Órganos de control dependientes das Cortes Xerais: O Valedor do Pobo e o Tribunal de Contas.

5.O Goberno no sistema constitucional español. O Presidente do Goberno. A Lei do Goberno. O control parlamentario do Goberno.

6. O Poder Xudicial. Regulamentación constitucional da xustiza. A Lei Orgánica do Poder Xudicial. A Lei de Demarcación e Planta Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial: designación, organización e funcions. A organización da Administración de Xustiza en España: ordes xurisdiccionais, clases de órganos xurisdiccionais e a suas funcións.

7. O Tribunal Constitucional na Constitución e a súa Lei Orgánica. Composición, designación, organización e funcións. O sistema español de control de constitucionalidade das leis.

8. A Administración Pública na Constitución. A regulamentación da Administración na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

9. As Comunidades Autónomas. Organización política e administrativa. O sistema da distribución de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas. As relacións entre o Estado e as Comunidades Autónomas. O finanzamento das Comunidades Autónomas.

10.A Administración Local: entidades que a integran. O marco competencial das Entidades Locais.

11.O ordenamento xurídico-administrativo (I): o dereito comunitario. A Constitución. A Lei. As súas clases. Os Tratados Internacionais.

12.O ordenamento xurídico-administrativo (II). O regulamento: concepto e clases. A potestade regulamentaria. Procedemento de elaboración. Límites. O control da potestade regulamentaria.

13.O Dereito financieiro: concepto e contido. A Facenda Local na Constitución. O réxime xurídico das Facendas Locais: criterios inspiradores do sistema de recursos e principios presupostarios.

14.O Estatuto de Autonomía de Galicia. Organización Político-administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

15. Os delictos cometidos polos funcionarios públicos. Os delictos contra a Facenda Pública.

16.O Réxime local: significado e evolución histórica. A Administración Local na Constitución. A Carta Europea de Autonomía Local. O principio de Autonomía Local: significado, contido e límites.

17.As fontes do Dereito Local. Regulamentación básica do Estado e normativa das Comunidades Autónomas en materia de Réxime Local. A incidenza da lexislación sectorial sobre o réxime local. A potestade regulamentaria das entidades locais: Regulamentos e Ordenanzas. Procedemento de elaboración. O Regulamento orgánico. Os Bandos.

18. O Municipio: concepto e elementos. O termo municipal: o problema da planta municipal. Alteracións de termos municipais. Lexislación básica e lexislación autonómica. A poboación municipal. O Padrón de habitantes. O estatuto dos veciños. Dereitos dos estranxeiros.

19. A organización municipal. Órganos necesarios: O alcalde, tenentes de alcalde, o Pleno, e a Xunta de Goberno Local. Órganos complementarios: comisións informativas e outros órganos. Os grupos políticos. A participación veciñal na xestión municipal. O concello aberto. Outros réximes especiais.

20. O sistema electoral local. Causas de inelexibilidade e incompatibilidade. Elección dos concelleiros e alcaldes. Elección de diputados provinciais e presidentes de deputacións provinciais. Elección de conselleiros e presidentes de cabildos e Concellos Insulares. A moción de censura no ámbito local. O recurso contencioso-electoral. O estatuto dos membros electivos das corporacións locais.

21.Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno local. Actas, certificacións, comunicacións, notificacións e publicación dos acordos. O Rexistro de do*****entos.

22. Os bens das entidades locais. Clases. Bens de dominio público. Bens patrimoniais. Prerrogativas e potestades das entidades locais en relación cos seus bens. Os bens comunais. O inventario. Os montes veciñais en man común.

23. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. Requisitos: a motivación e forma.

24. A eficacia dos actos administrativos: o principio de autotutela declarativa. Condicións. A notificación: contido, prazo e práctica. A notificación defectuosa. A publicación. A aprobación por outra Administración. A demora e retroactividade da eficacia.

25. Disposicións xerais sobre os procementos administrativos e normas reguladoras dos distintos procedementos. Clases de interesados no procedemento. Dereitos dos administrados. A iniciación do procedemento: clases, subsanación e mellora de solicitudes. Presentación de solicitudes, escritos e comunicacións. Os rexistros administrativos. Términos e prazos: cómputo, ampliación e tramitación de urxencia. Ordeación. Instrucción: intervención dos interesados, proba e informes.

26. Terminación do procedemento. A obriga de resolver. Contido da resolución expresa: principios de congruenza e de non agravación da situación inicial. A terminación convencional. A falla de resolución expresa: o réxime do silenzo administrativo. O desestimento e renuncia. A caducidade.

27. Recursos administrativos: principios xerais. Actos susceptibles de recurso administrativo. Regras xerais de tramitación dos recursos administrativos. Clases de recursos. As reclamacións administrativas previas ó exercizo de accións civís e laborais. Procedementos sustitutivos dos recursos administrativos: conciliación, mediación e arbitraxe.

28. A potestade sancionadora: concepto e significado. Principios do exercizo da postestade sancionadora. O procedemento sancionador e as súas garantías. Medidas sancionadoras administrativas. Especial referencia á potestade sancionadora local.

29. Réxime xurídico dos contratos das Administracións públicas: administrativos típicos, especiais e privados. Requisitos dos contratos. A Administración contratante: entes incluidos e excluidos do ámbito da Lei de contratos; o órgano de contratación. O contratista: capacidade, solvencia, prohibicións, clasificación.

30. A selección do contratista, actuacións previas á contratación. Procedementos, formas e criterios de adxudicación. Garantías. Perfeccionamento e formalización do contrato.

31. Execución e modificación dos contratos. Prerrogativas da Administración. A revisión de prezos. Extinción do contrato. Clases de contratos administrativos: contrato de obras, de xestión de servizos públicos e de subministros. Outros contratos administrativos típicos.

32. A expropiación forzosa. Suxetos, obxecto e causa. O procedemento xeral. Garantías xurisdiccionais. A reversión expropiatoria. Tramitación de urxencia. Procedementos especiais.

33. A responsabilidade da Administración pública: caracteres. Os presupostos da responsabilidade. Danos resarcibles. A acción e o procedemento administrativo en materia de responsabilidade. A responsabilidade patrimonial das autoridades e persoal ó servizo das Administracións públicas.

34. A fe pública administrativa no eido local. Actas e certificacións. Comunicacións e notificacións.

35.Os recursos das Facendas locais no marco do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e da Lei 51/2002, de 27 de diciembre: dos municipios, as provincias e outras entidades locais. A imposición e ordenación de tributos e o establecemento de recursos non tributarios.

36. O Presuposto Xeral das Entidades locais. Estructura presupostaria. Elaboración e aprobación: especial referencia ás Bases de execución do Presuposto. A prórroga do Presupuesto.

37. A Conta Xeral das entidades locais: contido, formación e tramitación. Outra información a subministrar ó Pleno, a outros órganos de xestión e a outras Administracións Públicas.

38. O persoal ó servizo das Corporacións Locais: Clases e réxime xurídico. A xestión dos recursos humanos. Instrumentos da planificación de recursos humanos. Selección, formación e avaliación de recursos humanos. Prevención de riscos laborais.

39. Dereitos, deberes e situacións administrativas. Dereitos económicos e Seguridade Social. Negociación colectiva. Réxime de incompatibilidades.

40.Os dereitos constitucionais dos empregados públicos. Políticas de promoción da pariedade de xénero nas Administracións Públicas.

Cedeira, 15 de outubro de 2009.

O ALCALDE,

Asdo.: Jose Luis Vergara Rey.

Link: BOPONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Convocatoria para a formación urxente dunha bolsa de traballo" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.31 Segundos