NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 55 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Elección Parlamento de Galicia 2009

PHP-NukeA Consellería de Traballo recorda que os traballadores por conta allea que teñan que desenvolver a súa actividade profesional este domingo 1 de marzo, xornada na que se celebran as Eleccións ao Parlamento de Galicia, dispoñen de permisos retribuídos para poder exercer o seu dereito ao voto. Os traballadores por conta allea cun horario de traballo que non coincida co de apertura das mesas electorais ou que cadre cun período inferior ás dúas horas, non terán dereito a un permiso retribuído. No caso de que o horario de traballo se axuste co horario de votación en máis de dúas horas e menos de 4, os traballadores gozarán dun permiso retribuído de dúas horas. Por outro lado, no suposto de que o horario laboral e das mesas electorais coincidan en 4 ou máis horas e menos de 6, os traballadores por conta allea disporán dun permiso retribuído de tres horas para exercer o seu dereito ao voto. Por último, se ambos horarios coinciden en 6 ou máis horas, estes traballadores terán garantido un permiso retribuído de 4 horas.

Ademais, os traballadores por conta allea que non se atopen na localidade onde lles corresponde exercer o seu dereito a voto disporán, no seu horario laboral, de ata 4 horas libres para que poidan votar. O Diario Oficial de Galicia do pasado día 3 de febreiro publica as normas para que os traballadores por conta allea poidan exercer o seu dereito ao voto o día 1 de marzo. O obxectivo é regular as distintas situacións que se poidan presentar para o exercicio do dereito ao voto dos traballadores por conta allea que non gocen do seu descanso semanal o día da votación, así como das persoas que interveñen no proceso electoral.

Membros da mesa electoral


No caso de que un traballador por conta allea sexa nomeado presidente ou vogal dunha mesa electoral, o día da votación disporá dun permiso retribuído de xornada completa, se ese día non fora unha xornada de descanso semanal. Ademais, terá dereito a unha redución da súa xornada de traballo de 5 horas o día inmediatamente posterior. Por outra banda, se a persoa tivese que traballar durante a noite do día anterior ao día da votación, a empresa cambiaralle a quenda para que poida descansar esa noite. Por último, o empresario é o responsable de distribuír os períodos nos que os traballadores disporán de permiso para acudir ás mesas electorais para exercer o seu dereito ao voto. Tamén poderá solicitar aos traballadores a presentación dun certificado de voto ou, de ser o caso, a acreditación como membro dunha mesa electoral. Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Elección Parlamento de Galicia 2009" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.43 Segundos