|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 61 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Acordo global polo urbanismo en Galicia |
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou que o acordo
global polo urbanismo en Galicia asinado hoxe coa Fegamp “é un acordo
transparente e de gran transcendencia” que “abre unha nova política
urbanística” na nosa comunidade, e “é bo para Galicia, para os
concellos, para a Xunta e para acadar un urbanismo áxil pero con
principios”. “Creo que é bo poñernos de acordo en desenvolver de forma
racional e transparente e desbloquear algunhas das situacións que non
obedecían máis que a non escoitar as razóns argumentadas dos concellos
por parte do Goberno galego”, considerou.
Este acordo “global” supón o inicio dunha nova política urbanística
en Galicia, reiterou Feijóo, que expresou o compromiso que adquiren
Xunta e concellos de “dar un xiro radical” á percepción que moitos
cidadáns teñen do que significa o urbanismo: “*****prir a lei, planificar
e desbloquear a vida da xente, dos emprendedores; significa riqueza, e
iso, é o que temos que acadar”, subliñou.
O texto proba, en palabras de Feijóo, que os concellos galegos
entenden ben que a ordenación do territorio é unhas das “asignaturas
troncais” para conquerir a segunda modernización de Galicia. E logralo,
engadiu, “exixe que a Administración autonómica e a administración
local traballen xuntos, non de costas”. Por iso, confesouse
“especialmente orgulloso” de que o Goberno galego teña conseguido, en
menos de cinco meses, implicar aos 315 concellos para celebrar hoxe un
acordo que pon as bases de posibles e necesarios futuros pactos no que
se refire á ordenación do territorio en Galicia.
“Hoxe 316 gobernos –o da Xunta e os 315 concellos aos que representa
a Fegamp-, poñémonos de acordo en desenvolver en Galicia un urbanismo
áxil, racional e sostible, e é imprescindible estender e compartir os
valores dunha cultura do territorio que incorpore os cidadáns ao
territorio e non outros intereses”, dixo.
O urbanismo: un traballo en equipo
A Xunta, dixo, “é plenamente consciente” de que non pode lexislar de
costas aos concellos ao seren, ambos os dous, axentes urbanizadores e
corresponsables da fisionomía do territorio. Ambos, continuou, “temos
que ir da man para que a ordenación do territorio sexa de calidade,
para que *****pra a lei e que non estea simplemente bloqueada de forma
case permanente”, considerou. “Temos que restablecer o espírito de
cooperación e este éxito do acordo que hoxe asinamos é a primeira etapa
dun camiño que hoxe iniciamos para tentar de acadar ese espírito de
colaboración en materia de ordenación urbanística en toda a
lexislatura”, vaticinou.
“O urbanismo non é unha tarefa illada, senón complexa -dixo- e supón
a necesidade de recoñecer o papel que as leis outorgan a cada
administración, tanto autonómica como local”, puntualizou. “É un terreo
de xogo compartido, que non é exclusivo dunha administración fronte a
outra”, remarcou Feijóo, para destacar que o pacto subscrito hoxe busca
“facer do urbanismo unha causa común, de maior calidade, con
principios, transparente e que *****pra a lei”.
O presidente galego expresou o seu convencemento de que “estamos
ante unha aspiración colectiva de acabar a confrontación para iniciar
unha nova etapa”, algo que, dixo, “non é doado” polo que require da
“coordinación leal, eficaz e dun acordo institucional transparente e de
gran transcendencia para Galicia”. “Hoxe non facemos máis que poñer a
primeira pedra deste camiño, sen dúbida, difícil e complexo”,
puntualizou.
Construír de forma planificada e non difusa nin discontinua, e maior atención ao mundo rural
Indicou que os distintos usos do solo, a distribución da propiedade, a
forma de asentamento da poboación, a ocupación do espazo e o tipo de
construcións predominantes axudan a singularizar o país que queremos.
Así, sinalou que o rápido crecemento urbano rexistrado na nosa
comunidade ao longo destas últimas décadas fíxose, en moitos casos, “de
forma desigual e desordenada”, probablemente pola escaseza de
instrumentos de planificación ou pola falta de rigor na execución dos
poucos planeamentos que existían.
Segundo recoñeceu, o urbanismo e o planeamento “seguen a ser unha
asignatura pendente en Galicia”. O mínimo control e a escaseza de
planificación na década dos sesenta e os setenta, dixo, “levounos a
cometer moitas equivocacións e, afortunadamente, cada vez máis, a
regulación, a planificación e o *****primento da lei se vai abrindo paso
dentro deste escenario complexo e difícil”,
O presidente galego recoñeceu que “todas as forzas políticas”
coincidiron en que “se facía urxente unha aproximación diferente ao
urbanismo”, conscientes da extraordinaria complexidade que, non
obstante, “non significa que non teñamos a obriga de intentalo”,
aseverou Feijóo.
O acordo subscrito hoxe, “pon as bases dun intento leal e frutífero
para os próximos meses e os próximos anos” de potenciar a autonomía
municipal para substituír o bloqueo pola axilidade nun contexto de
“*****primento estrito da lei”, matizou. Segundo o titular da Xunta, o
texto pretende garantir unha maior atención ao mundo rural. “Podemos
vivir no rural se somos capaces de vertebrar o territorio a través das
infraestruturas viarias e ferroviarias”, admitiu o Feijóo que destacou:
“Construír o rural, sí; construír de forma planificada no rural sí;
construír de forma discontinua e difusa, non”. Estes, dixo, son os
principio que se prantexan na reforma da Lei do Solo.
Así mesmo, o texto busca garantir un urbanismo racional, tendo en
conta que unha axeitada planificación é clave para o progreso social.
Un obxectivo de país que busca a implicación de todos
Por todo iso, prantexou que é necesario un modelo “no que esteamos
todos” para que o urbanismo non sexa “nin unha arma arroxadiza nin unha
política estacionaria”, dixo; que se constrúa sobre a busca da cohesión
social, da integración e da equidade, e que non faga da competitividade
e do desenvolvemento termos antitéticos ou excluíntes, senón de
cooperación e sustentabilidade.
O mandatario galego dirixiuse ao presidente da Fegamp para
expoñerlle que “queremos modificar a Lei do Solo” e ese acordo,
puntualizou, “o temos acadado, pero ten que continuar”. Por iso, instou
a seguir traballando no acordo das directrices da ordenación do
territorio, no acordo “responsable” do Plan do litoral e no da
modificación racional da normativa da vivenda. “Sei que son asignaturas
difíciles que as suspendemos noutras ocasións, pero se abre unha etapa
de aprobar estas asignaturas difíciles que os cidadáns nos mandan que
acordemos”, apuntou. Por todo, “hoxe cremos que poñemos a nosa
aportación inicial para planificar unha Galicia concentrada e non
difusa e discontinua”.
O presidente da Xunta rematou agradecendo a colaboración da Fegamp
porque, segundo lembrou, en cinco meses “non era doado levar ao
Parlamento un proxecto de Lei de medidas urxentes para desbloquear
cuestións importantes no que ao urbanismo e á ordenación do territorio
se refire”, recoñeceu.
“Sen dúbida haberá que prantexar unha reforma integral de toda a
lexislación do solo pero agora, no primeiro tramo desta lexislatura,
acordar unha lei de medidas urxentes para desbloquear as cuestións da
ordenación do territorio en Galicia que vai no camiño de facer fronte á
crise económica que estamos a vivir, é o mellor dos pasos que podiamos
iniciar”, concluíu.
Para o texto do acordo prema aquí. Link: XONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Acordo global polo urbanismo en Galicia" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|